- Cinema
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
- Data
- 27/09/2026
- 27/11/2026
- Horario
- A consultar
- Residencia Artística
- Categoría
- Cinema
- Localidad
- Espacio
- Varias ubicacións
- Dirección
Sinopse
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos é un documental que recupera a historia e o legado dunha das institucións fundamentais da cultura galega do século XX. A través de testemuños de especialistas, documentación histórica e a participación de estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, o filme percorre a traxectoria do Seminario de Estudos Galegos, pioneiro na investigación científica e humanística sobre Galicia. Unha proposta divulgativa que invita a redescubrir unha experiencia colectiva decisiva para comprender a historia, a lingua e a identidade do país.
Ficha Técnica
- Formato: Proxección documental con coloquio
- Título: Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
- Dirección e guión: Cristina De La Torre
- Produción: Nós Televisión
- Duración: 37 minutos
- Público: Xeral
Sesións
- Betanzos: Salón Azul do Edificio do Arquivo, 16/10/2026 – 20:00h
- Melide: Centro Sociocultural Mingos de Pita, 27/09/2026 – 19:00h
- Rianxo: Auditorio de Rianxo, Sala Arcos Moldes (Teatro), 27/11/2026 – 21:00h
- Corcubión: Casa da Cultura Plácido Castro, 23/10/2026 – 20:00h
- Mazaricos: Casa da Cultura, 6/11/2026 – 12:00h
- Frades: Centro Sociocomunitario (Ponte Carreira), 20/10/2026 – 20:00h
- Val do Dubra: Biblioteca do CPI de Bembibre, 9/10/2026 – 11:10h
- Arteixo: Capela do Balneario, 1/10/2026 – 20:00h
- Brión: Sala Municipal de Exposicións, 29/10/2026 – 20:00h
- Pontedeume: Casa da Cultura, 9/10/2026 – 20:00h
Asiste ao evento
Compartir