Saltar ao contido
>

L’archéologue

L’archéologue

Sinopse

L’archéologue (O arqueólogo) é unha curtametraxe documental que afonda na memoria do petroleiro Mar Exeo, afundido fronte á costa da Coruña en 1992, a través da figura de Emile Gireau, un escultor francés que leva anos recuperando fragmentos do pecio para transformalos en creación artística. O filme propón unha reflexión sobre a memoria, a identidade e o proceso creativo, acompañando o protagonista nun percorrido íntimo que cuestiona os límites entre arte, arqueoloxía e lembranza. Cada proxección complétase cun coloquio co equipo da película ou co propio protagonista, favorecendo o diálogo co público.

Artistas

Antón Taboada

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental con coloquio
  • Título orixinal: L’Archéologue
  • Autoría: Antón Taboada (pseudónimo nos créditos: Laurence Laurentz)
  • Duración: 60 minutos (30 min de proxección + 30 min de coloquio)
  • Produción: Asociación Sociocultural Zona Hadal
  • Público: Xeral

Sesións

  • Arteixo: Capela do Balneario, 2/10/2026 – 20:00h
  • Camariñas: Museo MAN (Museo do Alemán), 18/09/2026 – 12:30h
  • Pontedeume: Casa da Cultura de Pontedeume, 14/10/2026 – 20:00h
  • Cabanas: Escola Laica de Cabanas, 13/11/2026 – 19:00h
  • Neda: Casa da Cultura, 16/10/2026 – 20:30h
  • Mañón: Centro Sociocomunitario (O Barqueiro), 30/10/2026 – 19:00h
  • Ponteceso: Museo de Arte Contemporánea de Costa da Morte (MACCMO), 19/09/2026 – 19:00h
  • Muxía: Edificio de Servizos Múltiples, 15/10/2026 – 19:30h
  • Laxe: Museo do Mar de Laxe, 25/09/2026 – 18:00h
  • Carballo: Auditorio do Pazo da Cultura, 26/11/2026 – 20:00h

 

 

Asiste ao evento

Compartir