Saltar ao contido
>

Crónicas dun NON!

Crónicas dun NON!

Sinopse

Crónicas dun NON! é un documental que recupera a historia do movemento de insubmisión en Galicia e da loita colectiva que contribuíu á desaparición do servizo militar obrigatorio no Estado español. A partir da experiencia persoal do seu director, Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”, e dos testemuños de persoas que participaron na mobilización, o filme percorre máis dunha década de desobediencia civil, compromiso social e defensa dos dereitos e das liberdades. Máis alá da memoria dun movemento, o documental propón unha reflexión sobre o valor da participación cidadá e a capacidade da acción colectiva para impulsar cambios sociais e políticos.

 

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental
  • Título: Crónicas dun NON!
  • Dirección: Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”
  • Produtoras: Taller de Insomnios e Serea Films
  • Duración: 70 minutos
  • Versión orixinal: Galego
  • Público: Xeral (especialmente recomendado para persoas interesadas na historia recente, os movementos sociais e a memoria democrática).

 

Sesións

  • Muros: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil, 13/11/2026 – 20:30h
  • Carballo: Pazo da Cultura, 19/11/2026 – 20:00h
  • Neda: Casa da Cultura, 9/10/2026 – 20:30h
  • A Pobra do Caramiñal: Teatro Cine Elma, 8/10/2026 – 11:00h
  • Zas: IES Maximino Romero Lema de Baio, 5/10/2026 – 16:30h
  • Ponteceso: Museo de Arte Contemporánea de Corme (MACMO), 5/09/2026 – 19:00h
  • Moeche: Castelo de Moeche, 2/10/2026 – 20:00h
  • Valdoviño: Casa da Cultura, 24/09/2026
  • Vimianzo: Casa da Cultura, 25/09/2026 –  21:00h

 

 

 

 

 

 

Asiste ao evento

Compartir