Xornadas XXIV: “Cultura para todas”
Xornadas XXIV: “Cultura para todas”
A cultura é un dereito, e como tal, precisa ser accesible para todas as persoas. Neste camiño estanse a dar pasos importantes mais aínda insuficientes, en parte, debido ao descoñecemento sobre as barreiras que existen nos proxectos e espazos culturais, e das medidas de accesibilidade aplicables para reducir ou eliminar esas barreiras.
Téñense realizado faladoiros e xornadas arredor destes conceptos con enfoques principalmente teóricos, afastados da realidade do día a día do sector cultural e das posibilidades reais de aplicar medidas de accesibilidade, por iso esta proposta vai dirixida a dar a coñecer dun xeito concreto, cun enfoque práctico e útil, esas medidas que podemos tomar para achegar a
cultura a todas as persoas.
Partindo desta idea de concreción e espírito práctico, a xornada formúlase cun inicio no que contextualizar e poñer sobre a mesa as medidas que existen, poder velas e tocalas e saber como poder aplicalas e executalas nos proxectos e espazos culturais. Posteriormente entramos en áreas concretas de accesibilidade, como a cognitiva e a física, describindo as barreiras e solucións aplicables.
Estas mesas específicas serán impartidas por profesionais con ampla experiencia na materia e na súa exposición en formacións, como son Rubén Capelán, Fran Carreira e Aitana García.
Para rematar a xornada, abriremos un tempo de consultas específicas do público participante, das dificultades que se atopan á hora de facer máis accesibles as súas actividades e/ou espazos culturais.
Ligazóns de interese
Compartir