

Historias de terra e loita
Información do encontro
- Data: Febreiro 26
- Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba
Sobre Laura Elena Yanes
Tegucigalpa, Honduras
Laura Elena Yanes é escritora, narradora oral e profesora de teatro hondureña. A súa obra literaria destaca pola sensibilidade, pola mirada política e pola capacidade de entrelazar memoria, tenrura e resistencia. En 2024 foi recoñecida co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, consolidando a súa presenza na narrativa para a infancia en Honduras. Os seus textos forman parte de diversas antoloxías literarias hondureñas.
En 2025 a súa obra teatral Zapatitos nuevos, que aborda a migración infantil desde unha perspectiva poética e afectiva, foi levada á escena pola compañía hondureña El Club de Zanates, ampliando o alcance da súa dramaturxia. Ese mesmo ano obtivo o primeiro premio na categoría de poesía do Festival Centroamericano Cuerpos Libres. Tamén participou como editora do libro Disruptivas, do Centro de Derechos de Mujeres (CDM), cun texto que explora o corpo e a autonomía desde unha mirada feminista e diversa.
Formada na Academia Nacional de Arte Dramático de Honduras (ANADHN), a súa traxectoria teatral alimenta profundamente a súa escrita. Traballou como actriz e directora en diferentes montaxes e impulsou proxectos artísticos comunitarios como fundadora de Teatro de las Tr3s.
Como narradora oral especializouse na técnica xaponesa do kamishibai, coa que representou a Honduras en festivais internacionais en Toluca, Monterrey e Durango (México). Parte do seu traballo foi publicado nunha revista xaponesa.
A súa escrita, híbrida e profundamente humana, explora temas como a infancia, a paternidade, a ausencia, a identidade e os afectos LGTBIQ+, apostando pola vulnerabilidade e a tenrura como ferramentas políticas.
Ligazons
Compartir