

Encontro con Marta Mori
Información do encontro
- Data: Decembro 25
- Lugar: Biblioteca Pública Rosalía de Castro – Arzúa
Sobre Marta Mori
Marta Mori é unha escritora e crítica literaria asturiana. Publicou varios libros de poesía en asturiano, entre eles Pórticu (2002), El tiempu de la espera (2004), L’alcordanza, La mio voz (2010), Orfandá e Los carreros del tiempu (2022), así como un libro de relatos, Histories familiares, e un volume de ensaios, Notes de lliteratura asturiana.
En 2023 coordinou as publicacións dedicadas ao escritor asturiano Xosé Bolado, co motivo da Selmana de les Lletres Asturianes, tituladas Palabres blanques e Xosé Bolado. Fálame duce. Tamén traballou como tradutora, destacando a súa versión ao asturiano de Le cimetière marin de Paul Valéry e Cacophonie de Ken Bugul.
Actualmente, é directora da revista Lliteratura e continua desenvolvendo a súa traxectoria como profesora e investigadora no ámbito da literatura asturiana.
Ligazons
Compartir