Saltar al contenido
>

O concerto de Antía Muíño abre este mércores o ciclo ‘Músicas Posíbeis’ da Deputación no Teatro Colón 

O concerto de Antía Muíño abre este mércores o ciclo ‘Músicas Posíbeis’ da Deputación no Teatro Colón 

  • A artista galega presentará o seu novo traballo discográfico, ‘Anfibia por veces’, acompañada no escenario por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida. 
  • As entradas para esta cita coa nova música galega xa están dispoñibles na plataforma Ataquilla.com. 
  • A Coruña, 2 de novembro de 2026. O Teatro Colón acolle este mércores, 4 de novembro, o concerto de Antía Muíño, a proposta encargada de dar o pistoletazo de saída á terceira edición do ciclo ‘Músicas Posíbeis’, promovido pola Deputación da Coruña. 

Antía Muíño, considerada unha das voces máis singulares e con maior proxección da nova música galega, subirá ás táboas do Teatro Colón para presentar o seu novo disco, ‘Anfibia por veces’. A súa proposta destaca por mover a súa voz con naturalidade e elegancia entre o jazz-pop, a canción de autoría e a forza do canto tradicional galego. 

Para este concerto especial no Teatro Colón, a cantante e compositora estará acompañada no escenario por unha formación de luxo integrada por Miguel Arribas nos ventos, Ton Risco nas percusións e Yudit Almeida no contrabaixo. 

O ciclo ‘Músicas Posíbeis’ aposta por explorar novos territorios sonoros e poñer en valor creadoras e creadores cunha identidade propia. Como sinalou a deputada de Cultura, Natividade González, a iniciativa procura “demostrar que a música ten moitos camiños por explorar” e “ofrecerlle ao público experiencias diferentes” que van máis alá dos circuítos comerciais convencionais. 

Venda de entradas 

As entradas para o concerto de Antía Muíño deste mércores 4 de novembro xa se poden adquirir a través da plataforma Ataquilla.com. 

Compartir

Novas destacadas

A Deputación participa na entrega do premio a Ancoraxe e Morraoconto, gañadores do V Certame Manuel María de Proxectos Teatrais 

A Deputación  acompaña a Cineuropa na inauguración da súa 40ª edición, que converte Santiago nun punto de encontro do mellor cinema internacional 

A Deputación recibe a Xacarandaina polo seu subcampionato no mundial de folclore