Convocatoria de subvencións
Dende a aprobación da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes, do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e do Real Decreto- lei 9/2018 de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, os concellos recuperaron as competencias en materia de igualdade e asumen a súa responsabilidade como Administracións Públicas na procura da igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e comezan a desenvolver políticas públicas propias neste sentido.
Consciente da complexidade, heteroxeneidade e precariedade estrutural que caracteriza a realidade sociolaboral dos servizos de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero en Galicia, a Deputación da Coruña realizou nos últimos anos, unha diagnose coa detección das necesidades e a elaboración do I Plan de acción de políticas de igualdade na provincia de A Coruña 2019-2026.
Entre as necesidades detectadas atópase a de dotar de persoal técnico especializado que dinamice no territorio as políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e traballe a prol da erradicación da violencia de xénero.
A Deputación da Coruña convocou por primeira vez para 2020 e con intención de continuidade, este programa de financiamento, para o desenvolvemento dos obxectivos xerais do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia de A Coruña 2019-2026 ( Medida O.E 2.1/2.1.2) co obxecto de definir un marco que sirva para cumprir con tres obxectivos: dun lado, contribuír ao mantemento, creación de emprego e á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo de técnico/a ou axente de igualdade xa existentes nos concellos; doutro, fomentar e orientar requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais para aqueles casos en que os concellos procedan nun futuro á creación de novos postos de traballo, a incorporar nas súas plantillas de persoal ou relación de postos de traballo, procurando a estabilidade laboral destes perfil profesionais, e por último fomentar a dinamización das políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no territorio de xeito coordinado e en rede.
Con este fin a Deputación Provincial da Coruña, ten entre os seus obxectivos convocar anualmente esta liña definanciamento dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia para o calculo da partida orzamentaria o persoal financiado e correctamente xustificado do ano inmediatamente anterior, a través das Bases reguladoras anuais do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA O FINANCIAMENTO DE TÉCNICAS/OS DE IGUALDADE DE XÉNERO E AXENTES DE IGUALDADE DE XÉNERO NO ANO 2026 (FOAI/2026)
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2026
- Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero no ano 2026
- Beneficiarios: Concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- Programa: FOAI/2026
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/46201
- Importe da convocatoria: 450.000 €.
- Importe do orzamento de gastos: Sen límite
- Importe da subvención que se vai conceder: Máximo 22.000 €
- Importe solicitado: O 100 % do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: 1
Podes consultar as bases no BOP 196 do 14 de outubro de 2025
Prazo de solicitudes: ata o 21 de novembro de 2025
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2026.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2026
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento enpolíticas de xénero no ano 2026
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0A/2026
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/481
- Importe da convocatoria: 600.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 1.250 €, máximo 100.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.000 €, máximo 40.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO E SENSIBILIZACIÓN DA DIVERSIDADE SEXUAL
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero e sensibilización sobre a diversidade sexual.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
- Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- Duración mínima de 30 horas.
-Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- - Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- - Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- - Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- - Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- - O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- - Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- - Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Podes consultar as bases no BOP nº 214 do 7 de novembro de 2025
Prazo de solicitudes : dende as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2025, ata as 14:00 horas del día 16 de decembro de 2025, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizaranse vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2026.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2026
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0B/2026
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/781
- Importe da convocatoria: 100.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 750 €, máximo 35.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: ata 28.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
O obxectivo da convocatoria é apoiar ás entidades sen ánimo de lucro na realización de obras (acondicionamento, mantemento e reparación) e adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e/ou actividades en materia de igualdade de xénero.
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO E SENSIBILIZACIÓN DA DIVERSIDADE SEXUAL
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero e sensibilización sobre a diversidade sexual.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
-Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- Duración mínima de 30 horas.
- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Serán subvencionables os gastos comprendidos nos conceptos incluídos na táboa de contas que figura deseguido:
206 Aplicacións informáticas
211 Construcións
213 Maquinaria
214 Ferramenta
216 Mobiliario
217 Equipos para procesos de información
219 Outro inmobilizado material
Podes consultar as bases no BOP número 214 do 7 de novembro de 2025
O prazo de solicitude iniciarase as 08:00 horas do día 15 de novembro de 2025, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de decembro de 2025, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
