Saltar al contenido
>

Cultura da Deputación apoia 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas con preto de 550.000 euros

Cultura da Deputación apoia 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas con preto de 550.000 euros

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión de 549.993,17 euros para subvencionar a 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por concellos e entidades locais de toda a provincia durante 2022.

Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, O Festival de Artes Escénicas na Rúa do Concello de Betanzos, Festival Folk Sisalde de Arteixo, Carballo Interplay, Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Mares do Fin do Mundo de Outes, Mostra de Teatro Galego de Cariño, Festival do Queixo de Arzúa, Foliada de Melide e Jazz Noia son algúns dos festivais que recibirán as axudas.

O responsable de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, defende que os festivais son «ferramentas de primeiro nivel na difusión da cultura galega e tamén na achega de novos públicos». «Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector», explica Couto.

En 2021 accederan a esta liña de subvencións 23 festivais organizados polos concellos, que recibiran 474.277 €.

A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 15 de xuño e poden consultarse e descargarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3xTYua4

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax