Saltar al contenido
>

A exposición do Premio Ksado de fotografía xa pode visitarse no Museo do Pobo Galego ata o 6 de novembro

A exposición do Premio Ksado de fotografía xa pode visitarse no Museo do Pobo Galego ata o 6 de novembro

A presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e o fotógrafo e comisario Xurxo Lobato, participaron esta tarde na apertura da mostra que recolle as series gañadora e finalistas do Premio Ksado de Creación Fotográfica. A exposición, que permanecerá no Museo do Pobo Galego ata o 6 de novembro, continuará cara a finais deste ano e comezos de 2023 unha itinerancia por varios concellos da provincia.

No acto da apertura da mostra participaron, ademais, o gañador do Premio nesta edición, o fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo, e dous dos fotógrafos finalistas, o compostelán Fuco Reyes e a lucense Belén Lozano.

Na súa intervención, Xurxo Couto lembrou que «o Museo do Pobo Galego é sempre o primeiro fogar da exposición do Premio Ksado», institución á que lle trasladou o agradecemento pola colaboración continua con este certame. O deputado, ademais de felicitar ao gañador e finalistas, salientou que a conexión que a serie gañadora ‘Lume’ ten «cunha realidade que, desafortunadamente, nos é demasiado próxima neste país, a dos incendios forestais e as súas consecuencias, cun relato que apela ás nosas conciencias e nos move á reflexión, ao máis puro estilo do fotoxornalismo de denuncia social». Tamén tivo palabras para as series finalistas indicando que «nesta exposición non só atoparemos crítica e denuncia social, senón que a sensibilidade, a mirada artística e o respecto pola propia disciplina da fotografía tamén están moi presentes».

Convén lembrar que na presente edición do Ksado, o xurado elixiu como serie gañadora ‘Lume’, que narra a traxedia que, para Galiza e para o mundo, representan os incendios, como consecuencia do cambio climático, da despoboación do campo, da irresponsabilidade dos pirómanos.

Como finalistas, a mostra recolle as series ‘La escoria rebelde’, na que Fuco Reyes (Compostela) ofrece a súa particular visión sobre a mocidade; ‘Paisaxes da inexistencia’ un relato visual cun marcado matiz poético a cargo de Belén Lozano (Lugo); ‘Mascaras del Entroido Gallego’ na que o fotógrafo Carlos G. Ximénez (Madrid) se centra nunha das celebracións máis sobranceiras do noso país; ‘Europa «not welcome», serie coa que Sergi Cámara (Barcelona) achega a realidade da migración máis crúa; e ‘Vulcanonautas’ na que Arturo Rodríguez (Tenerife) amosa unha singular interpretación dos territorios afectados polo volcán de La Palma.

Compartir

Novas destacadas

El Teatro Colón acogerá desde el miércoles la tercera edición del ciclo ‘Músicas Posíbeis’ de la Diputación

A Biblioteca Provincial acolleu esta tarde a presentación do libro “Quen conduce o estado” sobre o estatuto do 36 

A Deputación e a USC asinan un convenio de colaboración para investigar a historia das políticas culturais en Galicia