Saltar al contenido
>

A exposición do 18º Premio Luís Ksado no Museo do Pobo Galego abrirá o 2 de outubro a programación paralela do certame

A exposición do 18º Premio Luís Ksado no Museo do Pobo Galego abrirá o 2 de outubro a programación paralela do certame

A inauguración da exposición das obras gañadoras e finalistas do 18º Premio Luís Ksado de creación fotográfica, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, volverá abrir a programación paralela do certame. Será o 2 de outubro, ás 19 horas, no Museo do Pobo Galego, de Santiago de Compostela. Unha hora antes, o auditorio do museo acollerá unha conferencia e proxección de «Alén», a colección vencedora nesta edición, do pontevedrés Vicente Fraga.

A programación ten máis citas durante todo o mes. O xoves 3 celebrarase a homenaxe a Luis Zamora, recoñecido este ano polo certame como Fotógrafo Histórico. Comezará cun acto institucional no salón de plenos da sede Deputación, ás 12 horas, e continuará na Real Academia Galega de Belas Artes, ás 19 horas, cunha mesa redonda na que participarán a deputada de Cultura, Natividade González; o comisario do premio Ksado, Xurxo Lobato; o fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, e o historiador de fotografía galega Manuel Sendón.

Obradoiros con Chema Madoz e Sandra Balsells
O centro Ágora da Coruña volverá ser, das 16.30 ás 20 horas, a aula dos obradoiros/masterclass de fotografía. Impartiranos, o día 8, Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía, e, o día 9, Sandra Balsells, Premio Ortega y Gasset El País.

Máis de 300 persoas inscribíronse xa nos talleres, pero aínda quedan prazas dispoñibles, que se poden reservar de balde nesta ligazón.

Compartir

Novas destacadas

A Biblioteca Provincial acolleu esta tarde a presentación do libro “Quen conduce o estado” sobre o estatuto do 36 

A Deputación e a USC asinan un convenio de colaboración para investigar a historia das políticas culturais en Galicia 

Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois «Carrabouxo»,  gañan o premio Otero Pedrayo 2026 polo seu impulso á cultura galega a través do humor gráfico