Saltar al contenido
>

A Deputación destina este ano 275.000 euros para apoiar proxectos de especial relevancia social e cultural

A Deputación destina este ano 275.000 euros para apoiar proxectos de especial relevancia social e cultural

A Deputación da Coruña apoia este ano con 275.000 euros as iniciativas de artistas ou empresas que, no ámbito do tecido social e cultural privado, acheguen enfoques e prácticas de alto interese pola súa natureza innovadora, experimental, relacional ou social. O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14 horas do vindeiro 15 de marzo, e os beneficiarios poderán recibir un mínimo de 3.000 € e un máximo 30.000.

As propostas deberán abordar, sempre desde o ámbito da cultura, temáticas como a cohesión e integración social, a defensa das diversidades e a convivencia intercultural, a sensibilización medioambiental, o traballo en favor da igualdade, a integración de persoas con diversidade funcional, a educación en valores, o desenvolvemento territorial, a recuperación demográfica ou a revitalización das identidades comunitarias a través do seu patrimonio material e inmaterial común.

Para o responsable do departamento provincial de Cultura, Xurxo Couto, «a existencia dun tecido cultural privado, que ofreza contidos de calidade e de interese en lingua galega, e capaz de gañar músculo, solvencia, autonomía e capacidade de ser rendíbel, resulta fundamental para o desenvolvemento cultural normalizado do noso país e esixe da posta en marcha de políticas de apoio desde o ámbito público».

Neste sentido, estás subvencións contribúen, en palabras de Couto, «a facer da galega unha sociedade capaz de xerar contidos e discurso cultural propio, de seu, facendo visible a nosa identidade a través dunha produción cultural autónoma, e no noso idioma».

Esta convocatoria vén complementar as subvencións da Deputación da Coruña a concellos e entidades non lucrativas do eido da cultura. Desde 2018, o ano no que a institución provincial puxo en marcha esta liña de axudas, preto de 100 proxectos culturais foron subvencionados cunha dotación orzamentaria que acada case o millón de euros: en 2018, 214.533 € para 18 proxectos; en 2019, 137.504 € para 16 proxectos; en 2020: 250.349 € para 21 proxectos; e en 2021, 360.077 euros para 30 proxectos. As propostas presentadas van da música, a danza e o teatro a outros programas de tipo interactivo e transmedia (exposicións, obradoiros ou proxectos audiovisuais).

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»