Saltar al contenido
>

A Deputación abre a convocatoria da Rede Cultural cun orzamento de 1.900.000 euros

A Deputación abre a convocatoria da Rede Cultural cun orzamento de 1.900.000 euros

Artistas, empresas e compañías teñen desde mañá e ata as 14 horas do 1 de febreiro para inscribir os seus espectáculos na nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O prazo para que os concellos presenten ás súas solicitudes de actuacións estará aberto do 11 ao 22 de marzo. As resolucións comunicaranse nunha terceira fase, desde o 12 de abril. Por mor da situación derivada da Covid-19, e tal e como se fixo nas convocatorias de 2020 e 2021, o período de realización de actuacións estenderase máis alá de final de ano; nesta ocasión, até o 31 de marzo de 2023.

A institución provincial investirá este exercicio 1.900.000 euros nun programa que nos últimos anos se consolidou como o circuíto de programación cultural máis sólido e estable de Galiza e que aposta pola difusión e a promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas.

Como en anteriores anos, o catálogo da Rede Cultural nesta edición estará formado por catro programas: «Escena ao vivo!» (para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo), «Visións» (para cinema e contidos audiovisuais), «Lingua a Escena!» (para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega) e «Alicerce» (para grupos de música, danza e teatro non profesionais).

No caso de «Alicerce», ademais dos concellos, poderán contratar propostas artísticas non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Dependendo do volume de solicitudes e o orzamento dispoñible, a achega provincial será de entre un 70% e un 50%.

A Rede Cultural da Deputación ofreceu en 2021, 1.409 espectáculos en todos os concellos da Coruña, para o que investiu un total de 2.617.391 € euros, dos que 1.551.240 € se corresponden á achega da área de Cultura, dirixida por Xurxo Couto.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»