Saltar al contenido
>

A Deputación rende homenaxe a Luis Zamora como fotógrafo histórico

A Deputación rende homenaxe a Luis Zamora como fotógrafo histórico

O Salón de Plenos da Deputación foi hoxe o escenario do acto de declaración de fotógrafo histórico a Luís Zamora. A deputada de cultura, Natividade González; o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato e o fillo de Luís Zamora, José Luís Zamora.

Esta homenaxe continuará pola tarde, na Real Academia de Belas Artes, onde ás 19h se celebrará a mesa redonda «O fotógrafo Luis Zamora», na que, ademais da deputada, o comisario e o fillo de Luis Zamora, tamén participa o historiador da fotografía galega Manuel Sendón. Ademais, a área de Cultura da Deputación tamén editou unha publicación sobre a súa obra.

Durante o acto, Xurxo Lobato explicou a importancia de «difundir a historia da fotografía galega», concretamente «a dun fotógrafo como Luis Zamora, que non é moi coñecido, polo que é fundamental visibilizalo e divulgar a súa obra; que representa un elemento máis da nosa creatividade e da historia das artes en Galicia». O fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, tras recibir o diploma da man da deputada, agradeceu a homenaxe e puxo en valor a obra e a figura do seu pai.

Pola súa parte, Natividade González referiuse a Luis Zamora como «un fotógrafo cunha mirada auténtica que segue a iluminar cada imaxe que capturou, e cun legado que merece ser celebrado, por iso o recoñecemos como Fotógrafo histórico do 18º Premio Luís Ksado». «Un legado», engadiu, «que temos a obriga de preservar para as xeracións que veñen, pois a obra de Zamora forma parte xa da memoria colectiva dun país e é herdanza que revela a esencia mesma de Galicia».

«Celebremos, pois, a Luis Zamora e gocemos da súa obra; nesta ocasión, grazas ao traballo e ao compromiso do Servizo de Acción Cultural da Deputación e de Xurxo Lobato, o comisario e promotor de todas as actividades do premio Luís Ksado» concluíu a deputada.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’