Saltar al contenido
>

DOA volve aos escenarios da man do ciclo ‘Pioneirxs da Música Galega’

DOA volve aos escenarios da man do ciclo ‘Pioneirxs da Música Galega’

O Teatro Colón da Coruña ofrece de novo este sábado o seu escenario para acoller outra cita, a terceira, do ciclo Pioneirxs da Música Galega, organizado polo departamento de Cultura da Deputación. DOA volverá interpretar en directo as cancións de ‘O son da estrela escura’, o primeiro disco editado, en 1979, pola primeira discográfica galega, Ruada. O concerto comezará ás 20 horas e a entrada, de balde, pódese retirar na web do teatro.

Eduardo Coma será o intérprete convidado que acompañará a tres dos músicos da formación orixinal de DOA, Miro Casabella, Xoán Piñón e Bernardo Martínez, nun recital dedicado a Xaquín Blanco, membro fundador do grupo, xa falecido.

O público terá ocasión de gozar de cancións que marcaron a historia recente da música en galega mesmo se escoitaron en Nova York ou Montreal. ‘O son da estrela escura’ é folk, música popular, mesmo cantigas medievais e romances franceses: sons de raíces adaptados sen ortodoxia aos novos xeitos de facer música na Galiza de finais da década de 1970.

Tras o exitoso paso de Pilocha e do propio Casabella polo Colón nas dúas primeiras citas de Pioneirxs da Música Galega, o ciclo complétase esta fin de semana «co obxectivo cumprido, estamos seguros, de dar a coñecer a públicos actuais os traballos discográficos dun momento clave para a cultura galega, pero tamén de homenaxear e poñer en valor o traballo de toda aquela xeración artística de finais da década de 1970», en palabras do responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto.

Compartir

Novas destacadas

El Teatro Colón acogerá desde el miércoles la tercera edición del ciclo ‘Músicas Posíbeis’ de la Diputación

A Biblioteca Provincial acolleu esta tarde a presentación do libro “Quen conduce o estado” sobre o estatuto do 36 

A Deputación e a USC asinan un convenio de colaboración para investigar a historia das políticas culturais en Galicia