Saltar al contenido
>

Valentín González Formoso felicita a Xosé Zapata polo Goya a ‘The Monkey’ como mellor curtametraxe de animación

Valentín González Formoso felicita a Xosé Zapata polo Goya a ‘The Monkey’ como mellor curtametraxe de animación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiron hoxe no pazo provincial ao cineasta coruñés Xosé Zapata, ao que felicitaron polo Goya á mellor curtametraxe de animación que recibiu ‘The Monkey’.

González Formoso agradeceulle ademais «a mención á Deputación da Coruña» que este carralés afincado en Arzúa fixo na gala dos Premios Goya celebrada o pasado sábado, 12 de febreiro, e explicou que «nesta institución sentimos como parte de nós a ‘The Monkey'» xa que é unha das beneficiarias das axudas da área de Cultura para empresas de produción e distribución audiovisual.

«Os Goya amosaron de novo o extraordinario talento do cine e do sector audiovisual galego», afirmou Formoso, que tamén quixo dar os parabéns «aos outros galegos que foron premiados ou que forman parte de pezas galardoadas: Chechu Salgado, Zeltia Montes, Chelo Loureiro, Nani García… e a todas as persoas que deixan a pel durante todo o ano para que, un ano máis, Galicia se posicione como un referente no audiovisual nacional».

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, destacou «o apoio constante ao sector audiovisual galego e en galego, unha aposta que se materializa tanto a través das axudas á distribución de filmes como en diversos programas e proxectos en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual».

The Monkey é unha coprodución entre España e Portugal, froito dun longo traballo de case cinco anos que narra unha fermosa fábula contra o racismo

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’