Saltar al contenido
>

Melania Freire e Pepe Barro reflexionan sobre a creatividade e a identidade no vindeiro episodio de Referentes

Melania Freire e Pepe Barro reflexionan sobre a creatividade e a identidade no vindeiro episodio de Referentes

A deseñadora de moda e artista Melania Freire e o deseñador gráfico e ilustrador Pepe Barro serán os protagonistas do seguinte episodio de Referentes. Poderá verse a través do perfil de Facebook e da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación o venres 27 de maio a partires das 12h.

Os procesos creativos, a tradición e os referentes estéticos e intelectuais que inspiran a ambos participantes centran unha conversa na que a identidade acada un protagonismo especial. Pepe Barro fai un repaso pola súa traxectoria, deténdose en traballos moi significativos como os deseños da selección galega de fútbol, e explicando cales foron as circunstancias e influencias que o converteron no profesional que é a día de hoxe. Pola súa banda, Melania Freire céntrase no seu proceso de creación, moi apegado á investigación de materiais téxtiles tradicionais, relacionando a tradición galega coa doutras culturas do mundo. Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –Margarita Ledo e Xabier Fortes-, lles deixaron formulada: «están contentos coa súa vida? Ou que lles falta para estalo?»

Referentes T2 estreouse o pasado mes de abril coa conversa entre Margarita Ledo e Xabier Fortes, e tras o episodio que protagonizan Melania Freire e Pepe Barro, continuará o último venres de xuño cunha terceira entrega. Despois de verán, chegarán tres novas conversas que se emitirán nos meses de setembro, outubro e novembro.

Melania Freire é deseñadora de moda, fotógrafa e directora de arte para cinema. En 2019 foi a gañadora do premio Mercedes-Benz Fashion Talent para talentos novos, cunha proposta inspirada nunha retrospectiva do pintor David Hockney. Basea o seu traballo creativo na investigación dos téxtiles tradicionais que formaron parte do cotián na cultura popular galega –cobertores, mantas e panos- tanto en canto a motivos como materiais e técnicas.

Pepe Barro é deseñador e ilustrador. Entre os seus traballos máis coñecidos cóntanse os deseños para a selección galega de fútbol, ou a identidade corporativa de entidades como a Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, a Culturgal ou Turgalicia, este último elixido polo Museo da Raíña Sofía como un dos cen logos do século XX. Entre os seus recoñecementos pódense citar o Premio da Crítica en 1983 e o Premio de Honra do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.

Compartir

Novas destacadas

El Teatro Colón acogerá desde el miércoles la tercera edición del ciclo ‘Músicas Posíbeis’ de la Diputación

A Biblioteca Provincial acolleu esta tarde a presentación do libro “Quen conduce o estado” sobre o estatuto do 36 

A Deputación e a USC asinan un convenio de colaboración para investigar a historia das políticas culturais en Galicia