Estás en:A cultura é un dereito Composición en Tempo Real

Composición en Tempo Real

composicion-tiempo-real.png

Devindo cousa. Devindo duración. Devindo acontecemento.

Ser ocupado por un corpo. Sendo ocupado cun corpo.

Desaparecer no obvio. (Re)aparecendo na ausencia.

Descripción

A Composición en Tempo Real é unha ferramenta teórico-práctica que estuda, problematiza e sistematiza a experiencia de improvisación e composición en arte, utilizando o campo proporcionado pola danza contemporánea como territorio privilexiado de investigación e aplicación.

O impulso principal da Composición en Tempo Real vén da necesidade que João Fiadeiro sentiu nos inicios da súa carreira de crear un sistema de principios e valores para ser utilizado cos seus colaboradores no proceso de coreografiar. Unha ferramenta que podería evitarlle ao grupo caer na trampa das convencións xerárquicas entre autor e intérprete, á vez que acepta o protocolo de que non é un traballo colectivo. Máis tarde afirmouse como ferramenta para explorar modalidades de escritura dramatúrxica dentro do campo de danza, e foi estudado, desenvolvido e utilizado por varios artistas e investigadores. Desde os últimos anos foi asentándose no territorio da procura e a investigación en termos xerais, ensanchando así a súa gama de intereses, situándose como punto de converxencia entre as artes, as ciencias e a vida cotia – e entre as cuestións éticas, estéticas e políticas que se manifestan a través delas.

A práctica de Composición en Tempo Real ofrece un conxunto de conceptos-ferramentas deseñado para aprazar a resposta, prolongar a ruptura (da incógnita) e habilitar unha formulación axeitada e precisa das cuestións portamos como artistas. A Composición en Tempo Real practica unha habilidade contra-intuitiva: a habilidade de ollar para nós ollando para (nós ollando para) as cousas. Isto faise activando a célebre resposta de Bartleby: "Preferiría non facelo..." ("I would prefer not to..." ). Un atributo que mantén, segundo Giorgio Agamben (Bartleby, or On Contingency in Potentialities: SUP, California,1999), "a posibilidade suspendida entre o acontecer e o non acontecer, entre a capacidade de ser e a capacidade de non ser." Esta habilidade estimula e activa unha sensibilidade delicada cara os detalles e as actividades periféricas que pasarían desapercibidas se ficamos "cegos" pola expectativa do que esperamos ver.

A condición para o éxito desta práctica está directamente conectado coa habilidade que temos de inhibir as (re)accións habituais. A razón é sinxela: sendo o "tempo" o activo máis valioso que posuímos, cando nos enfrentamos ao descoñecido, actuamos reflexivamente en base a hábitos, sen ter en conta a situación senón só as nosas necesidades persoais e puntos de vista, polo que este tempo (distendido, suspendido, aumentado) deixa de existir. E sen este tempo (real), non hai duración. E sen duración non hai relación, o ingrediente máis importante nun proceso colaborativo.

Biografía

João Fiadeiro (1965) é un performer portugués, coreógrafo, investigador, profesor e curator. Pertence á xeración de artistas que xurdiron no finais dos anos 80 en Portugal e que virían conformar o movemento da Nova Dança Portuguesa. É o director artístico de ATELIER REAL, unha estrutura que xoga un rol importante no desenvolvemento da danza contemporánea e de iniciativas trans-disciplinares en Portugal. João Fiadeiro ten xirado ampliamente por Europa e América do Norte e do Sur cos seus traballos en solitario e colectivos. Nos anos 90 João Fiadeiro formouse e practicou intensivamente en Contact-Improvisation, a partir do cual deu forma e sistematizou a súa propia pesquisa en improvisación, baixo o nome de Composición en Tempo Real. Esta investigación tenlle levado a coordinar obradoiros en Mestrados, Doutoramentos e numerosos programas en varias escolas e universidades por todo o mundo.

Inscricións

Asistencia gratuita, previa inscrición.

Número participantes: Aforo limitado ás restricións de capacidade vixentes para o espazo na data de celebración. (Estimación 15 persoas).

INSCRICIÓNS:

A asistencia é gratuita.

Para asistir presencialmente ás Xornadas, é obrigatoria a inscrición previa a través do formulario. Aforo limitado.

As Xornadas serán tamén restransmitidas vía online, a través da canle de Youtube Cultura Deputación da Coruña aquí. Acceso libre sen necesidade de inscrición.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN