Saltar al contenido
>

Sol Agra defende en Rianxo o valor do cinema documental na apertura de Mares da Fin do Mundo

Sol Agra defende en Rianxo o valor do cinema documental na apertura de Mares da Fin do Mundo

O Auditorio Municipal de Rianxo acolleu hoxe a cerimonia inaugural da VIII edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que se desenvolverá na localidade entre o 10 e o 14 de decembro. A deputada de Lingua, Sol Agra, asistiu ao acto e salientou que o festival continúa a consolidarse como unha «cita de referencia» para o documental contemporáneo e para a difusión da cultura vinculada ao mar.

Durante a súa intervención, Agra referiuse á traxectoria da mostra como unha travesía que foi afrontando etapas diversas até chegar a Rianxo, e evocou as dificultades superadas ao sinalar que a organización «sempre lle puxo a proa ás dificultades e seguiu navegando». Destacou que o certame reúne obras arredor das persoas «que viven do e para o mar», xunto con actividades paralelas que achegan coñecemento especializado e participación da mocidade.

A deputada puxo en valor a implicación da veciñanza, dos centros educativos, das asociacións e das empresas, ao considerar que a mostra deixa en cada territorio «todo o quiñón que deixa en cada concello no que atraca, facendo partícipes os centros educativos, as asociacións, as empresas e toda a veciñanza». Subliñou ademais que a área de Cultura da Deputación continuará a apoiar o proxecto como parte do impulso que lle permite avanzar en cada edición.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación da Coruña leva por primeira vez os xurados do Premio Torrente Ballester á Fundación que leva o nome do escritor 

A Deputación presenta a segunda edición das Xornadas das Bibliotecas Municipais da provincia, centrada na intelixencia artificial e nos novos retos do sector

A Deputación presenta o documental “Cantiga de amiga” sobre a homosexualidade feminina na Idade Media