Saltar al contenido
>

O Teatro Colón acolle este sábado ‘Paréntese’, un espectáculo único que mistura letras e sons

O Teatro Colón acolle este sábado ‘Paréntese’, un espectáculo único que mistura letras e sons

Este sábado, o escenario do Teatro Colón acollerá un espectáculo único, producido especificamente para este espazo, e que so se vai poder ver nesta ocasión, enmarcado no ciclo ‘Músicas Posíbeis’ que promove a área de cultura da Deputación da Coruña.

Baixo a dirección artística e creativa do músico Pablo Novoa e o escritor Diego Giráldez, e conducidos no escenario pola xornalista Susana Pedreira, as escritoras e escritores Berta Dávila, Silvia Penas, Samuel Merino, Lucía Aldao, Carlos Meixide, Samuel Solleiro e a cantante Wöyza sorprenderán ao público saíndo das súas disciplinas para cantar, interpretar, recitar e conversar entre si e sobre o feito creativo.

«Poderemos ver a artistas cambiando os teclados de escribir polos do piano: escritores interpretando música, e músicos creando literatura», sinalou a deputada de cultura, Natividade González. «Ese é o late motiv deste proxecto: poder descubrir os talentos máis descoñecidos das persoas ás que admiramos nunha sorte de xolda e celebración de encontros improbables e pouco frecuentes».

A deputada engadiu que «a cultura é transversal, e as diferentes disciplinas son a linguaxe, e este sábado imos poder velo perfectamente, ademais de pasalo moi ben e sorprendernos».

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»