Saltar al contenido
>

Érica Esmorís e Rosa Aneiros gañan o XVIII Premio Raíña Lupa de LIX

Érica Esmorís e Rosa Aneiros gañan o XVIII Premio Raíña Lupa de LIX

O XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, da Deputación da Coruña, xa ten ganadoras: Érica Esmorís, na modalidade Infantil, pola obra «Terás que crela», e Rosa Aneiros, na modalidade Xuvenil, por «Unha historia de amor como outra calquera». É a primeira edición na que o certame convoca e outorga os galardóns nesas dúas categorías independentes.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron os vogais Rafael Fernández Lorenzo, Iria Misa, Leticia Barbadillo, Raquel Senra e Carlos Negro. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes; e tamén estivo presente nas deliberacións Marcos Sánchez, d’A Forxa Producións, coordinadora dos premios e concursos convocados pola institución provincial.

De «Terás que crela», o xurado destacou «a potencia da voz protagonista, o sentido do humor e a proposta lúdica da historia». «A mentira», abunda o comité, «é motor da ficción que enriquece a vida da protagonista e que lle permite valorar o extraordinario da vida cotiá».

Para o xurado, «Unha historia de amor como outra calquera» é unha novela «de aprendizaxe, con sentido do humor, que establece un contraste interesante entre o mundo cotiá da adolescente protagonista e o mundo científico da Antártida. É unha obra áxil, que se le con agrado, con estrutura circular e que fai un uso da lingua actual e vivo. Incide, ademais, nas relacións interpersoais na familia e na conciencia ecolóxica, e destaca a orixinalidade de presentar o amor máis alá das relacións románticas na adolescencia».

O Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, impulsado pola área de cultura da Deputación, ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»