Saltar al contenido
>

Cultura da Deputación ratifica o seu compromiso co teatro na presentación da gala dos María Casares

Cultura da Deputación ratifica o seu compromiso co teatro na presentación da gala dos María Casares

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este xoves, ás 20.30 horas, a gala de entrega dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, unha iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) que conta co apoio da Deputación. Presentouse esta mañá na casa do Concello coruñés, nunha rolda de prensa na que participou a responsable provincial de Cultura, Natividade González, a quen acompañaron a actriz Sara Fandiño, directora artística da gala; Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Eva Fórneas, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

González ratificou o compromiso do seu departamento coas artes escénicas: «Sobran os motivos para apostar polo teatro, e así o noso compromiso con estes premios e coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia segue intacto, pois a área de Cultura da Deputación mantén abertas liñas de axuda que entendemos que son imprescindibles para o sector, pero tamén unha mostra das nosas obrigas, como administración, coa cidadanía, á que lle facilitamos o acceso ás vosas creacións e producións».

A deputada puxo tamén en valor os María Casares, «pola súa necesidade e tamén pola súa relevancia, pois non hai mellor recoñecemento que estes premios para toda a profesión teatral no noso país». «Os dezanove espectáculos finalistas», afirmou, «poñen o seu talento e o seu esforzo para levar esta arte ao mais alto e son unha oportunidade fantástica para gozar dela, e máis neste mes, onde está tan presente, nos escenarios nacionais e internacionais, co gallo da celebración do Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo».

Finalistas

Dezanove espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares. «Unha inimiga do pobo», de Talía Teatro, acada 9 candidaturas e «Hamelin», de Redrum Teatro, consegue 6, polos 5 das montaxes do Centro Dramático Galego (CDG) «Shakespeare en Roma» e «Un hotel de primeira sobre o río», e de «O auto do Castromil», de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co CDG

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’