O Pazo Provincial da Deputación da Coruña acolleu esta mañá un encontro coas 20 empresas gañadoras do I Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. Trala presentación inicial da deputada de cultura, Natividade González, e a explicación técnica da xefa de sección de cultura e deportes, Manuela Lorenzo, as persoas representantes de cada proxecto explicaron en que consistía a súa proposta.
Este certame reparte un total de de 298.433 euros entre os 20 proxectos premiados, en achegas de entre 7.500 e 22.500 euros. O obxectivo é apoiar os iniciativas culturais que desenvolven propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto ambiental, aumento de estímaa colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática etc.
A deputada, Natividade González, sinalou que, dende o departamento de cultura, «cremos firmemente no valor da cultura como motor de cohesión social, de identidade, innovación e de transformación da sociedade. Desa convicción nade este certame, destinado a apoiar propostas diversas de colectivos moi comprometidos co territorio». González engadiu que «veremos formatos moi diferentes con linguaxes moi diversas, pero todos estes proxectos achegarán a cultura a todos os recunchos da provincia e promoverán un impacto positivo na comunidade, promovendo a inclusión, a igualdade, a sostibilidade e o acceso á cultura desde enfoques creativos e comprometidos co territorio».
As persoas representantes dos proxectos premiados explicaron as súas propostas e agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, afirmando que «de non ser por este certame, moitos destes proxectos non verían a luz xa que non teñen unha orientación lucrativa».
Proxectos premiados

- Laura Romero presenta o proxecto «Cores e rock para un ecoloxismo molón» con Pakolas, que xunta música e ilustración nun espectáculo para un público infantil, destinado concretamente a colexios pequenos e Unitarias.
- Maria Victoria Teijeiro Alvarez. «ComunitArte: Comunicación, Comunidade e Arte» que pon o foco na inclusión a través de representacións nas rúas con e sen diversidade funcional.
- Juan Pablo Rodriguez Santiago. «Antes aquí había un muíño» pretende recuperar a memoria do muiño da Gramela, na Agra do Orzán a través de intervencións artísticas, obradoiros, accións poéticas ou unha exposición fotográfica no barrio para traballar os vínculos da comunidade.
- Zinthia Del Valle Alvarez Palomino. «A Coruña entre memorias. Historia, colonialismo e identidade.» A través de actividades de investigación e divulgación analiza a pegada colonial na Coruña, urbanización, no patromonio, e identidade local, e recoñecer o papel esencial de grupos de persoas inferiorizados e visibilizar experiencias e memorias.
- Aantena. «Eco de sol». Proxecto interdisciplinar de teatro, memoria e participación cidadá para reflexionar sobre identidade e territorio.
- Rebordelos.»Regatos polo aire». Curta documental que captura o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas, así como a relación da cultura galega coa auga e o proceso cultural que se está perdendo. Tamén inclúe concertos en fontes da Coruña.
- Azul Mais Verde. «Tempos para compartir: Espeteiras comunais na area». Recuperar o imaxinario e crear conciencia medioambiental promovendo a inclusión social a través das espeteiras, un moble tradicional, que se instalarán en diferentes praias de concellos da Costa da Morte.
- Elefante Elegante. Proxecto de mediación integral que fomenta a xeración de públicos e a activación do pensamento crítico arredor da temática de alta costura, espectáculo que reflexona sobre a industria textil e as súas consecuencias socio – ambientais.
- Nos Television. «O Vagón, videopodcast televisivo da cultura galega». Unha viaxe en tren conducida polo xornalista Luís Pardo e a influencer @todomalva
- Artyc Content. «Becho». Curtametraxe de animación baseada nunha historia real que aborda a ansiedade social dunha persoa non binaria, que habita nun novo contexto poñendo o foco nos seus sentimentos.
- Work On Sunday. «Amplificando a memoria». Investigación patrimonial da familia Portela Seijo a través dunha instalación sonora; sesións de escoitas comisariadas por artistas e colectivos locais e internacionais, e un panel didáctico.
- Despunte. «Martinete: maquetas accesibles do patrimonio industrial coruñés». A actuación principal é a realización dunha maqueta interactiva e accesible dun martelo de foxo hidráulico para divulgar o patrimonio industrial galego de forma accesible.
- Iago Gordillo Trigo. «Xogo galego». Un proxecto destinado a localizar videoxogos en galego, creando un catálogo de videoxogos en galego, dinamizándoo e cunha campaña de difusión do mesmo.
- Tarabela Creativa. «Cruzar sen mirar». Un videopodcast que ten como elemento principal un espello, e que fala sobre a inmigración da man de diferentes ONGs e entidades para facer un proceso previo de investigación.
- Laboratorio Escenico. «Miña casiña, meu lar» é un proxecto teatral de identidade galega para defender os barrios – concretamente, Montealto – e o dereito á vivenda, que aborda a cuestion de clase, patrimonio e cohesión.
- Charlatana. «Herdeiras dun mar de madeira». Proxecto documental que nace da inquedanza sobre unha historia familiar vinculada á carpintería de Ribeira.
- Xosé Antón Moure. Documental sobre a vida de Alexandre Finisterre: inventor, loitador pola liberdade, antifascista e creador comprometido coa cultura.
- Serea Producións. «Antes de que o leve o vento». Historia audiovisual sobre unhas pequenas sementes e a súa trazabilidade para poñer o foco no que comemos para atopar e dar a coñecer as sementes autóctonas galegas.
- Ciencia Galega Industrias Creativas. «Ciencia é Nome de Muller». Documental e unidade didáctica sobre as científicas coruñesas da actualidade e os seus referentes.
- Aqueladas. «Marzo 68». Documental interactivo enfocado á rapazada sobre o peche de estudantes na USC en marzo do 68, precedente á primavera francesa.