Saltar al contenido
>

‘Alén’, de Vicente Fraga Fernández, gaña o XVIII Premio Luís Ksado de fotografía

‘Alén’, de Vicente Fraga Fernández, gaña o XVIII Premio Luís Ksado de fotografía

O pontevedrés Vicente Fraga Fernández é o gañador do XVIII Premio Luís Ksado de fotografía, que convoca a Deputación da Coruña. Fraga acada o galardón pola colección Alén, a mellor, para o xurado, das 55 que se presentaron ao concurso, un dos de máis prestixio dos que se conceden en todo o estado. O comité avaliador concedeulle a Mención de honra á serie Nordés, do ourensán Miguel Muñiz.

A deputada de cultura, Natividade González, presidiu o xurado, formado por Pepe Baeza Gallur, María Sandra Balsells Cubells, Chema Madoz, Carmen Dalmau Bejarano e Juan María Rodríguez Caparrós. Actuou como secretaria Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da institución provincial. Nas deliberacións tamén participaron, sen voto, Xurxo Lobato, comisario do certame, e Marcos Sánchez, coordinador dos premios que outorga a Deputación.

De Alén, o xurado valorou «a coherencia na poética da memoria e a deterioración do espazo das persoas arraigadas no seu medio». Para o comité, Nordés ten o mérito «da captura poética dunha atmosfera e a coherencia dunha visión íntima dun lugar e dunhas xentes, onde as forzas elementais da natureza se transmiten con eficaz sinestesia: un documento vívido que máis que mostrar fai sentir».

O xurado tamén seleccionou, ademais das premiadas, as seguintes coleccións para formar parte do catálogo e da exposición itinerante que o certame programa por cada edición en concellos da provincia: Fin de la faena, A quen, El terremoto de Turquía e Usar y tirar. Perversa moda rápida.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»