Saltar al contenido
>

A Deputación subvenciona con 740.000 euros os gastos de persoal técnico dos servizos municipais de cultura en 2025

A Deputación subvenciona con 740.000 euros os gastos de persoal técnico dos servizos municipais de cultura en 2025

A Deputación da Coruña investirá 739.478 euros no programa FO206, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025. Son 61 os beneficiarios das axudas, que recibirán entre 5.000 e 15.000 € para o mantemento tanto dos postos de traballo de técnicas e técnicos en xestión cultural coma en animación sociocultural.

«Con esta liña de subvencións», explica González, «o departamento provincial de Cultura busca definir un marco que sirva para cumprir con dous obxectivos: dun lado, contribuírmos ao mantemento e á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo xa existentes nos concellos. E, doutro, definirmos requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais; neste caso, do persoal técnico de animación cultural e do encargado da xestión cultural. E facémolo sempre desde o necesario respecto á autonomía municipal».

As axudas non só contribuirán á profesionalización das áreas de cultura municipais e ao mantemento do emprego no sector, segundo a deputada: «Tamén promoverán boas prácticas e fomentarán programacións culturais estables nos concellos, que, pensamos, son indispensables para achegar a cultura de calidade a toda cidadanía».

A relación dos 61 beneficiarios pode consultarse no BOP do 15 de xaneiro.

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax