Saltar al contenido
>

A Deputación organiza as xornadas sobre edición e desenvolvemento de Banda Deseñada “Alén do Castelao”

A Deputación organiza as xornadas sobre edición e desenvolvemento de Banda Deseñada “Alén do Castelao”

Alén do Castelao son unhas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de Banda Deseñada cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector. Unha nova actividade promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña para conmemorar os vinte anos do Premio Castelao, un certame de referencia en Galicia e no Estado.

As xornadas, coordinadas pola asociación Autobán, celebraranse o 5 e 6 de novembro na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e ofrecerán clases maxistrais e faladoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da Banda Deseñada, aportando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.

Anabel Colazo, Cristian F. Caruncho, Uxía Larrosa, Paula Mayor, Estudio Gráfico Los Meros, Xulia Pisón e Bernal Prieto son as persoas participantes que falarán dos aspectos técnicos básicos para a elaboración dunha BD ou sobre como organizar un proxecto dende a súa concepción á súa publicación

A inscrición é de balde e as prazas limitadas a 25 persoas. O prazo para inscribirse xa está aberto na páxina web www.autoban.gal.

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax