Saltar al contenido
>

A Deputación entrega no Castelo de San Antón as pezas arqueolóxicas atopadas nunha escavación de Brandomil (Zas)

A Deputación entrega no Castelo de San Antón as pezas arqueolóxicas atopadas nunha escavación de Brandomil (Zas)

O castelo de San Antón acolleu esta mañá a entrega dunhas pezas arqueolóxicas atopadas nunha escavación de Brandomil (Zas), realizada o pasado mes de xuño. Estes restos, de gran valor arqueolóxico, datan principalmente do século I, e atopáronse no predio de Pedra do Altar.

Materiais cerámicos na súa maioría, do século I; pezas puntuais do século II de contexto máis funerario, e outros pertencentes a unha ocupación esporádica do século IV foron descubertos nos traballos de limpeza dun muro romano en forma de L, cun pavimento de moita calidade.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muiño, foron os encargados de entregar estes restos arqueolóxicos, acompañados do arqueólogo director, Lino Gorgoso e do secretario da Fundación Brandomil, Enrique Iglesias.

Unha vez entregados os materiais, dende o Castelo de San Antón procederán á súa análise para a súa posterior exposición ou almacenamento.

Actuacións coma esta contan co apoio da Deputación da Coruña, que financia a Fundación Brandomil para a realización deste tipo de escavacións que permiten coñecer a riqueza arqueolóxica do xacemento.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»