A Biblioteca Provincial acolleu hoxe a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2025. A deputada de cultura, Natividad González, entregou os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, Xosé María López Fernández (As Pontes) por «O fío no tempo», un relato referido ao mosteiro de Monfero; no segundo, Francisco Ascón Belver (Oleiros), por «A tardiña de San Xoán», sobre a praia de Langosteira en Fisterra, e no terceiro Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), por «Onde está Velázquez?», sobre as Meninas de Canido en Ferrol.
A deputada de cultura celebrou «o talento literario» de todos os participantes, «que nos vai viaxar a diferentes lugares da provincia a través dunha mirada única e diferente» e puxo en valor o traballo das áreas de cultura e turismo e da Bibliteca Provincial «na posta en marcha deste certame que xa vai pola quinta edición e que cada ano recibe máis relatos».
O certamen #HoxeEscriboEn, convocado polas áreas de Cultura e Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.
O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura
e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da
provincia da Coruña, contribuindo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos.







