Saltar al contenido
>

Comeza o 21º Curtocircuíto, cun programa dedicado á temática mariña e marcado pola igualdade e a representación internacional

Comeza o 21º Curtocircuíto, cun programa dedicado á temática mariña e marcado pola igualdade e a representación internacional

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago e co apoio da Deputación, celebra a súa 21ª edición entre o 1 e o 6 de outubro cunha programación marcada polo compromiso coa igualdade e cunha ampla representación internacional. Nela conviven o cinema con destacados shows AV e sesións especiais con proxeccións e encontros entre profesionais e artistas.

Así se explicou onte durante a súa presentación oficial, na que participou o deputado de patrimonio, Xosé Penas, que se referiu ao Curtocircuíto como «un evento máis que consolidado, que se converteu por mérito propio nun dos festivais de cinema con máis importancia non só en Galiza senon en todo o Estado, grazas á calidade da súa programación e á súa internalización, cada vez máis evidente».

Penas salientou o «compromiso pola igualdade, cunha representación feminina superior ao 65», e tamén o «compromiso polo país, por unha narrativa diferente e por creacións que falan temas actuais, da nosa sociedade a través dunha mirada crítica e ao mesmo tempo renovada». «Sen esquecer», engadiu, «o cinema emerxente dun país onde o audiovisual se converteu nun elemento fundamental como representación da nosa forma de ser e nun escaparate cultural «

Para rematar, o deputado puxo en valor «a necesaria colaboración entre administracións, Concello de Compostela, Agadic e Deputación da Coruña a través da súa área de cultura» que favorecen o desenvolvemento de citas como o Curtociruíto.

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax