Saltar al contenido
>

A deputada de cultura destaca na presentación do Día de Rosalía “o símbolo de identidade que representa a nosa autora máis universal”

A deputada de cultura destaca na presentación do Día de Rosalía “o símbolo de identidade que representa a nosa autora máis universal”

A Casa de Rosalía acolleu esta mañá a presentación oficial da programación do Día de Rosalía que, baixo o nome ‘Rosalía é Mundial’, inclúe a publicación durante as vindeiras semanas de vídeos de xente da cultura de todo o mundo recitando a Rosalía, así como os actos oficiais en Santiago e Padrón con música dos Carapaus e de Antía Muíño; o ‘Caldo de Gloria’ ou a ‘Alborada para Rosalía’, entre moitos outros.

A deputada de cultura, Natividade González, estivo na presentación acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a presidenta da Fundación Xistral, Cristina Juncal; o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o alcalde de Padrón, Anxo Arca; e o representantes da Asociación de Gaiteiros, Gustavo Couto e Olimpio Xiráldez.

González sinalou que é «unha honra estar hoxe aquí, un ano máis, un tempo de celebración, reflexión e reivindicación arredor da nosa autora máis universal» nunha cita «imprescindible, coa que estamos encantadas de colaborar, porque Rosalía non é só patrimonio da nosa literatura, senón tamén un símbolo de identidade, compromiso e modernidade». A deputada tamén puxo en valor o traballo da Fundación Rosalía de Castro: «Cada febreiro, a súa voz resoa con forza renovada grazas a todas as iniciativas que se organizan desde esta Fundación e desde tantos colectivos e institucións que fan posible que a súa obra e o seu legado sigan vivos».

Ademais, Natividade González animou a celebrar a Rosalía «lendo os seus versos, escoitando a súa música, recitando os seus poemas e reflexionando sobre a súa mensaxe, que segue sendo unha guía para a nosa cultura e para a nosa sociedade».

A deputada rematou a súa intervención reafirmando o compromiso da Deputación «coa difusión da obra rosaliana e co apoio ás actividades que fan que a súa figura chegue a todas as xeracións» xa que, apuntou «Rosalía é presente e é futuro, é inspiración e é loita, é a voz de Galiza que nunca cala».

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax