Saltar al contenido
>

A deputada de cultura destaca a “oferta cultural” de Carral, que presenta hoxe os resultados da súa programación de 2024

A deputada de cultura destaca a “oferta cultural” de Carral, que presenta hoxe os resultados da súa programación de 2024

A Casa de Cultura de Carral acolleu hoxe a presentación dos resultados da súa actividade cultural en 2024. A deputada, Natividade González, participou no acto, acompañada do alcalde, Javier Gestal, e o técnico de cultura, Carlos Lorenzo, onde destacou a «gran oferta cultural» de Carral, «que ten moito que ver co modelo que defendemos dende a área de cultura da Deputación, que pasa pola firme defensa de que ‘A cultura é un dereito’ para a veciñanza de cada un dos 93 concellos da provincia».

O programa de Carral en 2024, «formado nun 80% por espectáculos da Rede Cutural», tal e como sinalou a deputada, incluíu actividades de distintos xéneros e destinadas a varias franxas de idade. Proxeccións audiovisuais, actividades de animación infantil, teatro, danza, poesía, exposicións… Un total de 4.000 persoas participaron nas 73 iniciativas organizadas, «o mellor exemplo do éxito que a política cultural que promovemos dende a Deputación supón para os concellos e por suposto para a veciñanza».

Neste sentido, a deputada puxo en valor a Rede Cultural, «mostra do noso compromiso coa cooperación no territorio cos concellos e co tecido asociativo». Cerca de 3.000 propostas culturais chegan cada ao anos 93 concellos da provincia incluíndo música, artes escénicas, danza ou narración oral. «Trátase da maior rede cultural de Galicia, e dun elemento de máxima relevancia para o sostén económico das compañías de teatro e dos artistas musicais do país» apuntou a deputada, que salientou tamén o orzamento de «tres millóns de euros anuais» destinados a cofinanciar todas estas actividades entre Deputación e Concellos.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’