Saltar al contenido
>

Regina Giménez gaña o XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica coa obra “Pensar un paisaje”

Regina Giménez gaña o XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica coa obra “Pensar un paisaje”

A barcelonesa Regina Giménez é a gañadora do XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica con «Pensar un paisaje», una obra que, segundo o xurado «destaca pola súa frescura no uso da cor, combinando formas ludicamente sinxelas, pero de alta complexidade conceptual e simbólica». Os dous accésits, para bolsas de formación nun curso do Máster sobre obra gráfica, recaeron en Pawel Delekta, pola obra «Lapidarum III», e Tomás Pariente, por «Stripsafter Richter. r XVIII».

A deputada de cultura, Natividade González, presidiu o xurado, que se reuniu na sede de Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea, en Betanzos, e que formaron José Andrés Santiago Iglesias, José María Luna Aguilar, João Rosa Guerra Prates, Antonia Fraga Lombardero e María Rosario Sarmiento Escalona. Como secretaria actuou Manuela Lorenzo Rodríguez, xefa a sección de Educación e Cultura.

Tamén estiveron presentes, sen voz nin voto, Pedro González Galilea, director da Fundación e comisario do certame; María Sánchez Pena, administrativa da Fundación, e Marcos Sánchez, da empresa A Forxa Producións, coordinadora dos premios e certames convocados.

Natividade González agradeceu a colaboración de todos os asistentes e destacou a calidade e o número de obras presentadas 206, «o que fala da importancia e do impacto que ten o premio no ámbito internacional da arte gráfica».

Pedro González Galilea manifestou o agradecemento á Deputación por manter o Premio desde o ano 2006 de xeito ininterrompido, «conseguindo que sexa un referente no campo da obra gráfica». Salientou tamén «a importancia de que se faga un catálogo das obras que compoñen a exposición itinerante do certame, xa que moitos outros limítanse a un premio e, neste caso, queda o catálogo como referente».

Precisamente a exposición itinerante estará composta este ano por vinte e nove obras; as tres premiadas e estas outras vinte e seis que escolleu o xurado.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’