Saltar al contenido
>

“Galicia e a División Azul”, de Xosé M. Núñez Seixas, gaña o XV Premio Manuel Murguía de ensaio da Deputación

“Galicia e a División Azul”, de Xosé M. Núñez Seixas, gaña o XV Premio Manuel Murguía de ensaio da Deputación

«Galicia e a División Azul», do historiador ourensán Xosé M. Núñez Seixas é a gañadora do XV Premio Manuel Murguía de ensaio, convocado cada dous anos polo departamento de Cultura da Deputación e dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.

Decidiuno por unanimidade o xurado presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, e formado por Blanca Paula Rodríguez, gañadora da última edición, e Montse Fajardo, Rebeca Baceiredo, Heitor Picallo e Xurxo Martínez. Actuou como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes, Manuela Muñiz Souto.

O comité avaliador valorou que se trata dun texto contemporáneo «moi ben documentado e con neutralidade na exposición do contido ata a reflexión e conclusión final». Tamén o salientou «o traballo de investigación e de arquivo notable, cunha linguaxe ensaística, estilo divulgativo e fluído, que facilita a lectura». Tivo ademais en conta os documentos, ilustracións, gráficos, e fotografías incorporadas, «que aportan moita información de interese, o mesmo que a «notable bibliografía da que fai uso o autor e o uso coidadoso da lingua nunha obra de grande interese polo tema que aborda, a División Azul, e a súa repercusión posterior».

Núñez Seixas súmase a unha relación de gañadores do certame na que tamén están Blanca Paula Rodríguez Garabatos, Bieito Alonso Fernández, Martín Fernández Calo, Sabela Taboada González e María Liliana da Orden, entre outras e outros autores.

O autor
Xosé Manoel Núñez Seixas (Ourense, 1966) estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas universidades de Santiago de Compostela e Dijon, e doutorouse en Historia e Civilización no Instituto Universitario Europeo, de Florencia. É catedrático de HIstoria Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, e entre 2012 e 2017 foino na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. É director da revista «Studies on National Movements» (NISE, Antwerpen) e fai parte do consello asesor e de redacción de diversas revistas ibéricas e internacionais: «Historia Social», «Passato e Presente», «Análisis Social», «European History Quarterly», «Estudos Iberoamericanos» ou «International Journey of Iberian Studies», entre outras.

As súas pesquisas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia cultural da guerra no século XX e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes cóntanse «The Spanish Blue Division on the Eastern Front (1941-1945): War Occupation, Memory» (Toronto/Londres/Buffalo: University Press of Toronto, 2022); «Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2022; ed, inglesa actualizada, «The Eastern Front in European Memory: On Victims and Heroes, 1945-2024», Londres: Bloomsbury, 2025, no prelo); «»Beyond Folklore? The Franci Regime and Ethnoterritorial Diversity in Spain» (Routledge, 2024; ed. orixinal, «Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo», Vigo: Galaxia, 2021) e «Os inmigrantes marxinados. A identidade galega na Arxentina, 1780-1960» (Vigo: Galaxia, 2024).

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’