Saltar al contenido
>

A deputada de cultura participa na presentación do Festival Internacional Amador de Galicia, que comeza a súa andaina en Ribeira

A deputada de cultura participa na presentación do Festival Internacional Amador de Galicia, que comeza a súa andaina en Ribeira

Hoxe presentouse en Ribeira o festival Teatral FITAGAL 2025, un novo certame que aposta pola diversidade de estilos, a revisión crítica dos clásicos e a promoción de compañías galegas e internacionais de teatro afeccionado. Á presentación acudiron Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Antía Alberte, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira xunto a David Vázquez e Javier Fernández de FETEAGAL (Federación de Teatro Afeccionado de Galicia).

Natividade González definiu a Ribeira durante a presentación coma «un epicentro cultural de moitísimos espectáculos que se fan ao longo do ano». A deputada salientou a importancia de participar xunto coa Federación en proxectos tan interesantes e singulares coma este; «onde imos ter unha gran variedade de compañías de diferentes lugares neste Festival Internacional de Teatro». González puxo en valor o teatro amador, «porque é esa outra cultura da que formamos parte, da que queremos ser e da que somos».

A concelleira de cultura de Ribeira informou que dende a Deputación xunto coa Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, propuxeron incluír esta mostra internacional en Ribeira; «da cal damos as grazas e a benvida, agardando gozar dos membros das diferentes compañías de teatro». Antía indicou que tódolos fins de semana dende o vindeiro sábado 27 de setembro até o domingo 16 de novembro se representarán as obras que van a ser de balde até completar aforo. O horario das representacións serán ás 20.00 horas e as portas estarán abertas media hora antes para coller a entrada. Javier Fernández, vicepresidente de Feteagal, sinalou que grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o FITAGAL poderá ampliar a súa programación e garantir a participación de grupos galegos, nacionais e internacionais, «este ano, o festival renova o seu nome e busca consolidarse como un referente do teatro amador en Galicia».

FITAGAL ten como obxectivo principal dar visibilidade ao teatro amador galego, promovendo espectáculos de diversa temática e ofrecendo ao público unha programación renovada cada ano.

Programación

  • 27 de setembro – Denigrantes Comediantes (Nigrán) Obra: «Amareite ata que te odie» Triloxía de amores improbables en clave de traxicomedia aceda. Duración: 60 minutos.
  • 4 de outubro – EntreCajas Fusión Teatro (Santander) Obra: «Soños do Mar Negro» Dúas pezas curtas de Antón Chéjov que abordan a igualdade feminina a través da ironía e o humor. Duración: 75 minutos.
  • 5 de outubro – Noite Bohemia (A Coruña) Obra: «A Casa de Bernarda Alba» O clásico lorquiano atemporal, cunha posta en escena intensa e respectuosa coa obra orixinal.
  • 12 de outubro – Cardume Teatro (A Coruña) Obra: «As Galas do Defunto» Adaptación esperpéntica baseada na obra de Valle-Inclán, con elementos de Luces de Bohemia e Os cornos de don Friolera. Unha proposta irreverente e crítica.

• 16 de novembro – Thiassos Teatro (Universidade de Coimbra, Portugal) Obra: «Helena» de Eurípides Revisión do mito de Helena, que ofrece unha historia paralela á que provocou a guerra de T roia. Duración: 75 minutos.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’