A artista visual Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) é a gañadora do XIX Certame de arte «Isaac Díaz Pardo» da Deputación da Coruña coa súa obra «Intervalo 2024».
O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, e integrado por Elena Bangueses Buceta, Xose Manuel Buxán Bran, Anxela Caramés Sales, Maria Dolores Dopico Aneiros e Manuel Ignacio Martinez Antelo, escolleu a obra de Gesto baseándose en que «resume as características esenciais na traxectoria da artista Ana Gesto. Por unha banda, o cotiá feminino, o espazo doméstico e o etnográfico, a través de obxectos cunha forte carga simbólica. O seu traballo remite a un universo moi persoal no que o corpo da artista a través da performance, nos interpela desde un posicionamento feminista sempre presente na súa práctica artística. Por outra banda, as referencias ao universo sonoro no traballo, nesta peza coas cordas e as caravillas da guitarra que aparecen en tensión sen chegar a producir sons».
Engaden ademais que se trata «dunha pausa sonora convertida en obxecto, como unha imaxe sonora e poética: un acorde imposible, detido no limiar do audíbel, como unha memoria que flota entre o visíbel e o que aínda está por acontecer».
Ademais, de acordo coa convocatoria, a Deputación destina 24.125 euros a mercar outras das obras presentadas ao concurso, que son as seguintes:
- «La memoria en el corazón», de Carmen Suárez.
- «Czerny, Schule der Geläufigkeit op.299,erstes Heft», de Ana Pérez.
- «Diario, octubre del 84», de Joan Morera.
- «Pintura Peso 3923», de Carlos Fernández.
- «ConJugar», de Andrea Costas.
- «América del norte política», de Jesús Victoriano Fandiño.
Ademais, as seguintes obras serán incluídas na exposición itinerante do certame:
- Pablo Rodríguez Barreiro: «S/T, da serie Binomios»
- Paula Teresa Iglesias Rois: «Ausencias»
- Sergio Díaz Marey :»Viva Luceiro da Alba»
- Verónica Moar Suárez: «O que fulgura»
- Carmen Suárez Marcos: «La memoria en el corazón»
- Ana Isabel Gesto Beiroa: «Intervalo 2024»
- Diego Vites García: «Poñerlle cancelas ao campo»
- Jesús Madriñán Fernández: «Sen título (Bamba en Lanzarote)»
- Verónica Vicente Álvarez: «Formas de la apariencia»
- Ana Pérez Ventura: «Czerny, Schule der Geläufigkeit op.299, erstes Heft»
- Juncal Alma Castro Vázquez: «Piedras a su ventana»
- Rebeca López Villar: «Vencello»
- Joan Morera Arbones: «Diario, octubre del 84»
- Carlos Miguel Maciá Fernández: «Sin título no.4 (serie AL)»
- Carlos Fernandez López: «Pintura Peso 3923»
- Andrea Costas Lago: «ConJugar»
- Breogán Torres Gutiérrez: «Fun abalar a pedra que está no medio do mar»
- Jesus Victoriano Fandiño Gracia: «América del norte política»
- Román Corbato Pérez: «Umbral, vacío, vestigio»
Para Natividade González, a importancia deste tipo de certames reside en «ofrecer a posibilidade de que a poboación se achegue ao mundo da arte». Lembra que «a Deputación sempre estará para apoiar á comunidade de artistas locais, con concursos que axudan a darlle visibilidade ao seu traballo, oculto en ocasións para o gran público».



