Saltar al contenido
>

Comeza a VI Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da fin do mundo”

Comeza a VI Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da fin do mundo”

Posta de longo da Mostra Internacional de Cinema Documental «Mares da fin do mundo», que estreou a súa sexta edición, nun acto no que participaron a deputada de cultura, Natividad de Jesús González; a responsable de igualdade da Deputación, Soledad Agra Tuñas; o alcalde do Concello de Outes, Manuel González López; o concelleiro de cultura e tenente de alcalde, Anxo Núñez; o director da mostra, Marcos Gallego e o director de cine Álvaro Gago. Este festival, que recibiu unha subvención da Deputación de 20.000€, ten lugar en Outes ata o vindeiro 5 de novembro.

Cun visionado de Matria, de Álvaro Gago, como punto de partida, o festival exhibirá un total de 24 filmes relacionados coa pesca sustentable, cunha programación complementaria de actividades paralelas de interese cultural e turístico.

«O cinema documental é unha arma moi poderosa para o cambio social» destacou a deputada de Cultura, «e esta iniciativa que pon en valor o noso mar como un dos recursos naturais máis valiosos que temos é un claro exemplo diso». Cinema e defensa medioambiental únense nunha mostra que xa é de referencia internacional.

O apoio da área de cultura da Deputación a esta mostra enmárcase no seu compromiso coa promoción de festivais audiovisuais como ferramentas de difusión da cultura galega a novos públicos. «Ademais do seu compoñente reivindicativo, citas como esta son fundamentais para dar a coñecer a nosa riqueza cultural» destaca Natividad de Jesús González, «e por iso non podemos máis que apoiar a súa celebración», engade.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’