Saltar al contenido
>

A Deputación subvenciona con máis de 566.000€ un total de 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

A Deputación subvenciona con máis de 566.000€ un total de 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña aproba a concesión de 566.386,78 euros para subvencionar a 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades locais de toda a provincia durante o ano 2023.

A Carballeira de Zas, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña (S8), o FIOT, o Atlantic Pride, o Feito a Man ou o Intersección son alguns dos festivais que recibirán as subvencións.

Este apoio por parte da entidade provincial enmárcase no obxectivo do departamento de Cultura de promover os festivais como vehículo de difusión da cultura galega entre os públicos máis novos. «Para nós é fundamental promocionar este tipo de iniciativas que non só reivindican a cultura nas súas diferentes expresións, senón que, ademais, celebran a diversidade e contribúen á creación de riqueza socioeconómica na nosa contorna» destaca a delegada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez.

En 2022 accederan a esta liña de subvencións 24 festivais organizados polos concellos e entidades locais, que recibiran 549.993,17 €.

A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de outubro e poden consultarse e descargarse nesta ligazón.

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax