Saltar al contenido
>

Cultura da Deputación concede 131.300,81€ á distribución de filmes en galego

Cultura da Deputación concede 131.300,81€ á distribución de filmes en galego

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña aproba a concesión de 131.300,81€ euros para subvencionar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega (en VO, VOSG ou dobraxe ao galego) na provincia da Coruña durante o ano 2023.

Así, subvenciona a un total de 15 empresas de produción e distribución de filmes en galego, entre os que está o estreado hai poucos días «O Corno», que recibe 17.500€, o importe máximo da subvención. A película de Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián, exhíbese na provincia dende o pasado 11 de outubro. O mesmo importe destínase tamén a «Matria», de Álvaro Gago Díaz.

Este apoio da entidade provincial forma parte dunha liña de traballo da área de Cultura, que busca promover a difusión da lingua e da cultura do país a través da exhibición dos filmes en galego.

«A produción audiovisual é un sector estratéxico, clave para a difusión da nosa cultura, que nos últimos anos viviu un proceso de grande esplendor» destaca a deputada de cultura, Natividad de Jesús González. «Dende a Deputación queremos apoiar os novos talentos que irromperon no cinema galego e facilitar a proxección destes contidos que adoitan ter maiores dificultades de exhibición nas salas convencionais», engade.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’