Estás en:A cultura é un dereito Xornada VIII A igualdade cultural (tamén) é un dereito

Xornada VIII A igualdade cultural (tamén) é un dereito

24 e 25 de setembro de 2021

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Santiago de Compostela

Comisaria das xornadas: Clara Rodríguez Cordeiro

A pesar de que as mulleres sumamos o 51,73% da poboación galega, acceder a unha programación cultural diversa e paritaria, na que poder coñecernos e recoñecernos, continúa a resultar, cando menos, complexo. Desde este contexto, as presentes xornadas queren primeiramente defender a urxencia de apostar pola igualdade cultural como dereito, subliñando o inaceptable de continuar a amosar e apoiar unha programación cultural maioritariamente masculina e masculinizada.

 A ausencia de mulleres artistas xa non pode, nin debe, ser unha excusa. Tanto na literatura, como nas artes visuais, o deseño ou a música, destaca a gran variedade e calidade das creadoras galegas e, por iso, a nosa proposta formula unha programación totalmente conformada por mulleres, desde unha mirada feminista, integral e multidisciplinar da realidade contemporánea.

Ao redor de dous bloques temáticos e, en dous días consecutivos, abordaremos as dificultades e eivas do noso sector pero tamén as posibilidades individuais e colectivas de resistencia. Debatiremos tamén arredor de temas centrais da axenda feminista, como as maternidades ou os coidados, totalmente alleos aínda ao ámbito profesional, e achegarémonos a diversas propostas creativas da nosa contemporaneidade.

PROGRAMA

VENRES 24 DE SETEMBRO

Bloque 1. A creación será feminista ou non será.

16:00 a 16:30 h. Apertura da xornada. Benvida e presentación a cargo de Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, e de Clara Rodríguez Cordeiro, comisaria da xornada.

16:30 17:30 h. Poñer a lingua no centro: creación e feminismos fronte ás hexemonías, coloquio entre Eli Ríos e Eva Mejuto.

17:30 18:30 h. A cultura como campo de batalla: da violencia patriarcal á resistencia creativaPanel de experiencias multidisciplinares con:

  • Alexandra Vásquez Rei, Corentena Producións, asociación audiovisual.
  • Diana Sieira, actriz.
  • Uqui Permui, deseñadora.

18:30 19:00 h. Pedrada, performance de danza e música a cargo de Marcia Vázquez e Pau Herrero.

19:00 19:20 h. Pausa

19:20 21:00 h. O colectivo como lugar: visibilidade, denuncia e redes de apoioMesa de debate con:

  • Modera Sonia Vizoso, xornalista.
  • Ana G. Liste, Xornalistas Galegas.
  • Chelo Loureiro, CIMA Galicia.
  • Eli Ríos, A Sega.
  • Marcia Vázquez, 85C.
  • Pau Herrero, 85C.

SÁBADO 25 DE SETEMBRO

Bloque 2. O persoal... é política cultural.

10:00 a 10:30 h. A Aldea das Mulleres, intervención escénica a cargo da actriz Carmen Conde

10:30 12:00 h. Maternidades creativas: enfoques e relacións entre o laboral, a precariedade e os coidados. Mesa de debate con:

  • Modera María Lado, poeta.
  • Anxela Caramés, crítica de arte.
  • Su Garrido Pombo, música.
  • Raquel Oitavén, artista de circo.
  • Diana Rodeiro "Nana", artista urbana.
  • Iria Pinheiro, actriz.

12:00 a 12:15 h. Pausa

12:15 13:45 h. Vencendo o síndrome da impostora: feminismos e relatos da creación actual. Panel de experiencias multidisciplinares con:

  • Antía Yañez, escritora.
  • Rebeca Lar, artista plástica.
  • Bea Lema, ilustradora.
  • Pauliña, música.

13:45 14:00 h. A igualdade cultural (tamén) é un dereito. Presentación da intervención da artista plástica María Meijide e peche.

Actividades paralelas:

A artista María Meijide desenvolverá durante os dous días unha acción pictórica acompañando o proceso discursivo da xornada e articulando, a modo de work-in-progress, unha intervención que se poderá visitar in situ e compartir posteriormente en redes sociais. Tamén de xeito continuado, a cooperativa Gaia Ecocrianza habilitará un espazo para facilitar a conciliación das asistentes e a fotógrafa feminista Charo Lopes recollerá coa súa cámara todo o encontro.