Estás en:A cultura é un dereito Xornada XIII Certames de poesía como motores dunha literatura propia

Xornada XIII Certames de poesía como motores dunha literatura propia

9 de xuño de 2022

Casa da Cultura de Carral 

Comisario da xornada: Carlos Lorenzo

Existe pouca dúbida de que a poesía é o xénero que mellor identifica á literatura galega no mundo, aínda que para os lectores semella ser unha disciplina menor. Son múltiples as entidades que en Galicia están a dinamizar a poesía coa organización de certames que fomenten a escrita e a lectura deste xénero. Mais non está a haber a reflexión suficiente como para valorar o impacto dos premios na creación, venda e lectura de poesía.

Dada a aposta da Deputación da Coruña pola promoción da creación literaria en xeral cos seus premios literarios, e en concreto da poesía co certame Miguel González Garcés, resulta oportuno organizar a xornada Os certames de poesía como motores dunha literatura propia, no marco da iniciativa A Cultura é un dereito, na que se valoren as experiencias dos concursos e na que se debata sobre os novos modelos de premios para que se adapten ás necesidades e esixencias deste decenio.

Contaremos cun servizo de interpretación de lingua de signos.

PROGRAMA

10:30 h. Apertura da xornada co deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o alcalde de Carral, Javier Gestal.

10:45 h. Presentación do estudio Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias actuais, Carlos Lorenzo.

11:30 h. Mesa redonda con editoriais, A edición de poesía premiada con:

  • Moderador: Alfredo Ferreiro
  • Miguel Anxo Fernán Vello (Edicións Espiral Maior)
  • Henrique Alvarellos (Alvarellos Editora)
  • Fran Alonso (Edicións Xerais)

12:30 h. Pausa café.

13:00 h. Mesa redonda con autores e autoras premiadas: Chámome poeta e preséntome a concursos con: 

  • Moderadora: Dores Tembrás
  • Xerardo Quintiá
  • Miriam Ferradáns
  • Emma Pedreira

14:00 h. Pausa xantar.

16:00 h. Presentacións dos premios Miguel González Garcés e Concello de Carral.

  • Sabela Herrero (Deputación da Coruña)
  • Carlos Lorenzo(Concello de Carral)

16:30 h. Conferencia: 25 anos de poesía galega. Yolanda Castaño.

17: 15 h. Mesa redonda de certames O futuro dos premios de poesía.

  • Moderador: Eduardo Estévez
  • Elvira Riveiro Tobío (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón)
  • Gil Ares (premios Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome)
  • Sonia García (Premio Concello de Vilalba)

18:30 h. Peche da xornada coa presenza do representante da Deputación da Coruña e o concelleiro de Cultura do Concello de Carral, Francisco Javier Bello.

19:00 h. Concerto Treides comigo! de Xoán Curiel en instalacións anexas á Casa da Cultura, aberto ao público en xeral.

20:15 h. Fin da xornada.

A asistencia é gratuita e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través do formulario habilitado para tal fin na páxina web: www.aculturaeundereito.gal