Estás en:A cultura é un dereito Xornada XII Impacto positivo: unha alianza festivais-administración

Xornada XII Impacto positivo: unha alianza festivais-administración

21 de maio de 2022
Sala Juanjo Gallo (Pazo Provincial)
Comisaria da xornada: María Baqueiro Vidal

As novas lexislacions e normativas, xurdidas a raíz da aprobacion da Axenda 2030, recollen a urxencia de modificar métodos, recursos materiais, hábitos e comportamentos, especialmente no mundo empresarial e industrial, pero que implican a sociedade no seu conxunto. A accion cultural, tan conectada co desenvolvemento social e individual e cunha enorme capacidade de transformacion territorial -véxase por exemplo a súa vinculación con politicas e estratexias de turismo-non é allea a urxencia do momento. Nesa dirección, a Deputación da Coruña someteu ás súas liñas de subvencións a festivais, FO221 e FO223, incorporando de maneira máis clara e directa criterios de sustentabilidade para a concesión das mesmas, adquirindo o compromiso de acompañar a todas as entidades e concellos solicitantes na consecución e cumprimento de novos obxectivos.

Co fin de cumprir co dito compromiso é polo que a área de Cultura organizará a Xornada "Impacto positivo: unha alianza festivais-administración", no marco da iniciativa A Cultura é un dereito, que terá un carácter formativo e práctico e formúlase co acompañamento dunha guía útil.

Debido a que o aforo é limitado todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube Cultura Deputación da Coruña.

Tamén contaremos cun servizo de interpretación de lingua de signos.

PROGRAMA

09:30 h. Presentación da xornada Impacto positivo: unha alianza festivais-administración e do manual de utilidade. Con María Baqueiro, comisaria da xornada, e Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

10:00 - 12:00 h. Accesibilidade, Enerxía, Residuos, Auga, Patrimonio: de teloneiras a artistas principais. Mesa de ideas e exposición con:

  • Moderadora: Arancha Estévez. Xornalista e doutora en Ciencias da Comunicación.
  • Jone Pérez. Enxeñeira química, asesora de empresas en xestión sustentable e colaboradora da organización internacional A Greener Festival.
  • Pablo Galindo. Doutor en Socioloxía pola Universidade de Granada na que é profesor titular. Director da Fundación Music for All e autor, junto con Diego Ferrón, da Guía de accesibilidade e inclusión en festivais de música en España.
  • Nuria Díaz. Ambientóloga, con ampla experiencia no ámbito da xestión ambiental municipal e socia fundadora de EcoEvent.
  • Nuria Balboa. Arquitecta e especialista na xestión técnica de eventos.

12:00 - 12:30 h. Pausa/café

12:30 - 14:30 h. Necesitamos un plan: obradoiro para enfrontarse a un plan de sustentabilidade para o noso evento. Taller dirixido por:

  • Giada Calvano. Cofundadora de Chloe Sustainability.
  • María Baqueiro. Enxeñeira, consultora de sustentabilidade e promotora do Pacto pola Cultura Sustentable de Galicia 2021.

14:30 h. Peche da xornada formativa

A asistencia é gratuita e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través do formulario habilitado para tal fin na páxina web: www.aculturaeundereito.gal

Descarga AQUÍ o programa.