Estás en:A cultura é un dereito Xornada VII A memoria diversa

Xornada VII A memoria diversa

A MEMORIA DIVERSA nace para recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas que loitaron pola visibilización e dignificación do colectivo, así como as vítimas da represión e o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidade de xénero. Interésanos a perspectiva social, política e humana da diversidade. Voces e movementos necesarios, ausentes noutros estudos relacionados coa memoria histórica que nos axudan a construír o relato memorialístico en clave diversa e galega.

CONGRESO A MEMORIA DIVERSA

18 e 19 de xuño · Pazo de Mariñán

VENRES 18 DE XUÑO

16.30 h. | (A) ausencia de Memoria Histórica LGTBIQA+

  • María Xesús López Escudeiro.
    Coordinadora do programa “Vivas e Visibles” de recuperación da memoria das mulleres e coautora da exposición “Do gris ao violeta” para o programa "A Memoria das Mulleres". Autora de diversos artigos arredor da memoria histórica.

  • Marcos Gabriel López López.
    Comisario de "A MEMORIA DIVERSA".

  • Deputado de Cultura, Xurxo Couto e deputada de Igualdade, María Muíño, da Deputación da Coruña.

17.00 h. | Feminismo Lesbiano en Galicia.

  • Nanina Santos Castroviejo
    Cofundadora da Asociación Galega da Muller (AGM) en 1976; da equipa de redacción de ANDAINA: revista galega de pensamento feminista..
  • Guillermina Domínguez Touriño.
    Docente, escritora e investigadora feminista no ámbito da presenza e representación das mulleres na Historia e na Arte.

  • Presenta: Noemí Díaz. LesCoruña e Rede Galega de Docentes LGTBI.

18.00 h. | A loita pola diversidade: os inicios do movemento.

  • Jordi Petit.
    Activista LGTBIQA+ e presidente honorífico da coordinadora Gai-Lesbiana de Catalunya, membro de Honra de Stop Sida, premio solidariedade do Instituto de Dereitos Humanos e a Cruz de Sant Jordi pola súa loita a prol dos dereitos civís.

  • Presenta: Lalo Vilar. Colectivo Agrocuir.
    Representante do Colectivo Agrocuir.

19.00 h. | Descanso

19.30 h. | Proxección/Premiere do filme documental “PERSOAS S.A.”.

  • Carme PG Granxeiro.
    Directora e realizadora audiovisual.

  • Presenta: Cristina Palacios.
    ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans*

SÁBADO 19 DE XUÑO

10.30 h. | A resistencia Trans.

  • Laura Bugalho Sánchez.
    Sindicalista e activista no Transfeminismo.

  • Eric Dopazo.
    Músico, filólogo e activista trans.

  • Presenta: Patrick Dopico.
    Asociación Trans Amizando

11.30 h. | Silenciamento das voces diversas na Literatura Galega.

  • Carlos Callón.
    Docente, escritor, investigador e activista do movemento LGTBIQA+.

  • Presenta: Ana Amigo Ventureira
    Asociación Avante LGBT+ e Rede Galega de Estudos Queer.

12.30 h. | Descanso

13.00 h. | Historiar o diverso

  • Daniela Ferrández Pérez.
    Doutora en Historia contemporánea e bolseira da Deputación da Coruña como investigadora da historia LGTBIQA+ en Galicia.

  • Mariám Mariño Costales.
    Investigadora en antropoloxía feminista e técnica do centro de documentación de igualdade e feminismos do Consello da Cultura Galega.

  • Presenta: Elisabeth Pérez Costas.
    Asociación Nós Mesmas.

16.30 h. | Contra a desmemoria. Voces recuperadas a través do audiovisual

  • Domingo Díaz Docampo.
    Director do filme "Tomás Fábregas. Fighting Barriers"

  • Representante da Asociación "ALAS"

17.30 h. |  Presentación do libro “A Memoria Diversa”

  • Eva Mejuto Rial.
    Xornalista, escritora e autora do libro.

  • Presenta: Soledad Fernández Costas.
    Chrysallis Asociación Estatal de Familias de Menores Trans

18.00 h. | Descanso

18.30 h. | Concerto de Éric Dopazo: Un rapá Transquilo.

 

LIBRO “A MEMORIA DIVERSA”

Co obxectivo de poñer cara e voz á diversidade, "Memoria diversa" busca retratar a historia do colectivo LGTBIQA en Galicia a través de doce entrevistas. Trátase de narrar vivencias de persoas que empezaron o movemento, que viviron o silencio, a discriminación, a represión por cuestión de orientación ou identidade de xénero, nos últimos anos da ditadura e nos primeiros tempos da democracia. Militantes da diversidade que nos amosan, desde as súas vivencias persoais, a evolución da sociedade en materia de diversidade de sexo e de xénero. As entrevistas acompáñanse de fotografías de Carme Cerviño e documentos gráficos da época.