Xornada IV Mulleres e innovación das artes intermedia
· IV XORNADA ·
8 e 9 de Abril 2019
Teatro Colón, A Coruña
Postfeminismo // Vídeo Poesía, novas dramaturxias, artes dixitais, bioperformance e prácticas intermedias nas artes do movemento
Unhas xornadas que exploran as conexións entre redes dixitais e artes escénicas, co obxectivo de converterse nun motor de innovación creativa e pensamento contemporáneo.
Un desafío as narrativas convencionais, un enfoque interactivo coas novas linguaxes escénicas e os territorios de expansión da transversalidade, onde a tecnoloxía preséntase como unha forma de reinventar as artes vivas.
Unha cultura dixital sen precedentes, inclasificable e visionaria que fomenta o encontro do inesperado.
Cun programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.
Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte Intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.
SESIÓN 8 DE ABRIL 2019: ELAS TEÑEN A PALABRA
Explora desde diferentes perspectivas, como traballan as mulleres o texto, a dramaturxia e o audiovisual.
SALA 2
15:00 h. - 18:30 h. OBRADOIRO de vídeo poesía.
Conducido por Belen Montero, creadora audiovisual e multimedia, directora de Versogramas.
Procesos #VP un achegamento teórico-práctico á composición multimedia, de xénero, tecnoloxía e fala. Utilizaremos os nosos dispositivos móbiles e as nosas apps como ferramentas técnicas de composición.
18:30 h. - 18:45 h. open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.
TEATRO
19:00 h. - 19:30 h. Apertura da Xornada.
A cargo de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación de A Coruña e Deputada de Cultura.
19:00 h. - 20:30 h. Mesa de debate.
Escrituras da escena, Mediaturxias e audiovisual: contribucións de Xénero
A escritura, a dramaturxia, a dirección de escena ou a realización que incorpora o audiovisual e outros medios dixitais nas escrituras e realizacións de mulleres autoras.
Unha conversa con
Marta Perez, Actriz e creadora escénica, directora de Inversa Teatro.
Proxecto: Conciencia feminista como motor de creación. sobre as propias contradicións que o novo panorama escénico nos amosa, desde os corpos, ata as imaxes, textos e movementos
Sonia Méndez Alonao, actriz, realizadora audiovisual e directora do Festival Carballo Interplay.
Proxecto: Por min e por todas as miñas compañeiras. Aventuras e desventuras dunha creadora. Unha reflexión sobre a hipervisibilidade de mulleres como obxecto da representación versus a invisibilidade persistente como suxeito creador.
Belén Montero, directora e creadora audiovisual e multimedia, directora de Versogramas.
Proxecto: Ruta #VP. Vivencias de dirección en proxectos Multimedia desde unha perspectiva de xénero, e do achegamento ao formato da videopoesía
Modera: Irene Moreira, Directora de escena, fundadora e xestora da Sala Ingrávida, O Porriño
20:30 h. - 21:00 h. Teatro-conferencia, Sofía de Marta Pérez ( Inversa Teatro ).
Unha peza curta que trata da violencia de xénero, co texto escrito por mulleres. Sofía está elaborada ad hoc a partires da peza maior Sofía e as Postsocráticas. A acción dunha duración de trinta minutos ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación, a xustiza patriarcal e o efecto espectador. A peza está pensada para que despois se poida abrir un debate a partires do exposto.
Entradas en: TEATRO COLÓN
SESIÓN 9 DE ABRIL 2019: ELAS SON DIXITAIS / INTERMEDIA
Explora desde diferentes perspectivas a aportación das mulleres no ámbito da arte, ciencia e tecnoloxía.
HAL
15:00 h. - 18:30 h. OBRADOIRO de creación dixital.
Conducido por Maria Castellanos, Artista, investigadora e docente da Universidade de Vigo.
Experimentación audiovisual con interfaces brandas. Os participantes crearán a súa propia interface sensible, con sensores e moldes de creación dixital, para interaccións sonoras e visuais.
18:30 h. - 18:45 h. open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.
TEATRO
19:00 h. - 20:30 h. Mesa de debate.
A Arte Intermedia ¿ territorio de okupación? contribucións de Xénero.
As miradas e experiencias desde as diversas prácticas profesionais configurarán unha imaxe poliédrica da presencia e importancia de ser muller nos contextos das ACTS (Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade).
. Margarita Ledo Andión, Realizadora, Investigadora e docente da Universidade de Compostela USC.
Proxecto: Recoñecer o corpo, recoñecer a fala. Paseata polo meu traballo máis amador e persoal a partir da relación entre o corpo e a fala. É a voz e o corpo en exilio da actriz de orixe galega María Casares no filme de Alain Resnais Gernika, 1945
. Nieves Rodríguez Brisaboa, Enxeñeira Informática, Investigadora e docente Universidade da Coruña.
Proxecto: Unha reflexión sobre o impacto da nova economía dixital na sociedade. Na perda masiva de postos de traballo e de dereitos laborais....e sobre a necesidade dun novo pacto social. E importancia de ter talento femenino nas carreiras tecnoloxícas e as consecuencias de non o ter.
. Maria Ruido, Realizadora, artista visual, investigadora e docente da Universidade de Barcelona.
Proxecto: La fábrica y el sexo. Sobre la representación de la división sexual (y racial) del trabajo y como producción y reproducción se están fusionando en el biocapitalismo actual. El cuerpo de todos y todas es ya nuestro territorio fundamental del trabajo contemporáneo, del trabajo en tiempos de la "uberización"
Modera: Silvia García González, Profesora e decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
HAL
19:00 h. - 22:00 h. Instalación Interactiva The Plants Sense, de María Castellanos e Alberto Valverde, (O dúo Artístico- tecnolóxico que traballan xuntos desde o 2009, con unha recoñecida traxectoria internacional. Son docentes na Universidade de Vigo).
The Plants Sense : No vestíbulo do teatro un xardín vivo, onde o público pode experimentar o que as plantas senten a través de sensores e dispositivos creados para esta peza.
A peza está formado por un xardín interactivo no que diferentes sensores miden as oscilacións eléctricas das plantas conectadas e mostran as súas reaccións bioquímicas á presencia humana e ao ambiente que os rodea.
20:30 h. - 21:00 h. Experiencia guiada e presentación da obra, comentada pola artista.
TEATRO
21:30 h. - 22:30 h. Espectáculo #14SKYLINE, da Compañia Kònic Teatro. Dirección escénica Rosa Sánchez.
Kònic Unha Plataforma especializada en linguaxes escénicas interactivas, o seu traballo foi presentado en máis de trinta países de Europa, Asia, África e América
3 mulleres en escena para falarnos de como os media manipulan as persoas. Referente exploratorio a Psicopolítica nun contexto feminino-tecnolóxico.
Un proxecto escénico de danza, música, luz, audiovisuais, escultura, dispositivos tecnolóxicos deseñados por kòniclab.
Entradas en: TEATRO COLÓN