---
title: "Poldra – Literatura expandida"
description: "POLDRA. POLDRA nace para levar a literatura aos territorios, conectar escritoras e escritores coas comunidades lectoras e crear espazos de encontro. Que é POLDRA. A polisémica palabra galega poldra re..."
url: https://aculturaeundereito.gal/poldra/
date: 2026-04-09
modified: 2026-10-16
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/06/Default-post02.jpg
type: page
lang: gl
---

# Poldra – Literatura expandida

# POLDRA

POLDRA nace para levar a literatura aos territorios, conectar escritoras e escritores coas comunidades lectoras e crear espazos de encontro.

## Que é POLDRA

A polisémica palabra galega poldra remite a unha enerxía e forza feminina capaz de transportar coma o fan as éguas novas, pero tamén a un punto firme onde apoiar os pés para atravesar un río. Así, de beira a beira, este programa de literatura expandida conecta autoras e autores literarios coas comunidades lectoras dos concellos da provincia da Coruña, achegando a creación contemporánea a novos territorios e públicos.

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/09/0709-paddy-blog-1.png)

Promovido pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, POLDRA leva escritoras e escritores —moitos deles vinculados á Residencia Literaria 1863, dirixida por Yolanda Castaño— a clubs de lectura, bibliotecas, espazos culturais e centros de ensino, que se nutren das súas experiencias, procesos creativos e mostras literarias. O programa pon en diálogo as voces visitantes co tecido cultural local, favorecendo a mediación, o intercambio e a continuidade das relacións creadas.

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen-poldra-02.jpg)

## Os encontros

Un espazo para coñecer os lugares que acollen POLDRA, visibilizando a diversidade de bibliotecas, clubs de lectura, centros de ensino e espazos culturais da provincia da Coruña. Estes escenarios convértense en puntos de encontro entre a creación contemporánea e as comunidades lectoras, favorecendo o diálogo, o intercambio e a conexión co territorio.

[Coñece os encontros](https://aculturaeundereito.gal/poldra/os-encontros/)[Canal de vídeos](https://www.youtube.com/watch?v=ltIYgGlSyVE&list=PL5YEtH4FkxqxTNJgTQhcYuizKcagm0KDd)

## Novas relacionadas

[Ver máis novas](https://aculturaeundereito.gal/categoria/poldra/)
