---
title: "O concerto de Antía Muíño abre este mércores o ciclo ‘Músicas Posíbeis’ da Deputación no Teatro Colón "
description: "A artista galega presentará o seu novo traballo discográfico, ‘Anfibia por veces’, acompañada no escenario por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida.  . As entradas para esta cita coa nova música..."
url: https://aculturaeundereito.gal/o-concerto-de-antia-muino-abre-este-mercores-o-ciclo-musicas-posibeis-da-deputacion-no-teatro-colon/
date: 2026-11-02
modified: 2026-11-02
author: "Marketing2026"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/11/WEB-MUNICIPAL_Antia.jpg
categories: ["Cultura", "Novas"]
type: post
lang: gl
---

# O concerto de Antía Muíño abre este mércores o ciclo ‘Músicas Posíbeis’ da Deputación no Teatro Colón 

- **A artista galega presentará o seu novo traballo discográfico, ‘Anfibia por veces’, acompañada no escenario por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida.** 

- **As entradas para esta cita coa nova música galega xa están dispoñibles na plataforma Ataquilla.com.** 

- **A Coruña, 2 de novembro de 2026**. O Teatro Colón acolle este mércores, 4 de novembro, o concerto de Antía Muíño, a proposta encargada de dar o pistoletazo de saída á terceira edición do ciclo ‘Músicas Posíbeis’, promovido pola Deputación da Coruña. 

Antía Muíño, considerada unha das voces máis singulares e con maior proxección da nova música galega, subirá ás táboas do Teatro Colón para presentar o seu novo disco, ‘Anfibia por veces’. A súa proposta destaca por mover a súa voz con naturalidade e elegancia entre o jazz-pop, a canción de autoría e a forza do canto tradicional galego. 

Para este concerto especial no Teatro Colón, a cantante e compositora estará acompañada no escenario por unha formación de luxo integrada por Miguel Arribas nos ventos, Ton Risco nas percusións e Yudit Almeida no contrabaixo. 

O ciclo ‘Músicas Posíbeis’ aposta por explorar novos territorios sonoros e poñer en valor creadoras e creadores cunha identidade propia. Como sinalou a deputada de Cultura, Natividade González, a iniciativa procura “demostrar que a música ten moitos camiños por explorar” e “ofrecerlle ao público experiencias diferentes” que van máis alá dos circuítos comerciais convencionais. 

**Venda de entradas** 

As entradas para o concerto de Antía Muíño deste mércores 4 de novembro xa se poden adquirir a través da plataforma Ataquilla.com. 
