---
title: "O 25 de maio comeza Escora Danza 2025, que bailará de novo as paisaxes da Costa da Morte"
description: "A área de cultura da Deputacíon presenta unha nova edición de Escora Danza, un proxecto que se desenvolve na Costa da Morte e busca visilibizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, con..."
url: https://aculturaeundereito.gal/o-25-de-maio-comeza-escora-danza-2025-que-bailara-de-novo-as-paisaxes-da-costa-da-morte/
date: 2025-05-09
modified: 2025-05-09
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2025/05/CARTAZ_ESCORA-scaled.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# O 25 de maio comeza Escora Danza 2025, que bailará de novo as paisaxes da Costa da Morte

A área de cultura da Deputacíon presenta unha nova edición de Escora Danza, un proxecto que se desenvolve na Costa da Morte e busca visilibizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta disciplina artística.

**Un programa deseñado para cada territorio**
Tras un proceso de análise do territorio levado a cabo en decembro de 2024, Escora Danza elabora un programa en diálogo coas asociacións e entidades locais dos cinco concellos: Corcubión, Malpica de Bergantiños, Muxía, Vimianzo e Zas. Así, deséñase unha ampla variedade de actividades adaptadas para cada concello, atendendo ás casuísticas de cada un. Unha mostra da ampla diversidade que existe na Costa da Morte.

Durante tres fins de semana entre o 25 de maio e o 8 de xuño as rúas encheranse de danza nunha diversidade de formatos. Unha programación que inclúe propostas escénicas de carácter multidisciplinar, con música en directo, residencias, encontros de reflexión, obradoiros interxeneracionais, roteiros e unha limpeza de río.

**Programación**
A programación comezará o domingo 25 de maio en Corcubión, onde tamén terá lugar o día 31; en Baio (Zas) será os días 30 e 5 de maio; en Malpica de Bergantiños o 1 de xuño; en Muxía o 6 e 7 de xuño e en Vimianzo o 6 e o 8 de xuño.

- Corcubión:

- Zas:

- Malpica de Bergantiños:

- Muxía:

- Vimianzo:

Toda a programación pode consultarse en https://escoradanza.gal/
