---
title: "Natividade González asiste en Zas ao primeiro pase do documental ‘A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte’"
description: "A Deputación da Coruña presentou o venres nas Torres do Allo, no concello de Zas, o documental 'A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte', dirixido por Alejandro Gándara Porteiro, un prox..."
url: https://aculturaeundereito.gal/natividade-gonzalez-asiste-en-zas-ao-primeiro-pase-do-documental-a-costa-e-os-castelos-unha-viaxe-pola-costa-da-morte/
date: 2026-03-28
modified: 2026-03-28
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/03/Presentacion_documental_Deputacion_Torres_do_Allo_Zas_2.jpeg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# Natividade González asiste en Zas ao primeiro pase do documental ‘A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte’

A Deputación da Coruña presentou o venres nas Torres do Allo, no concello de Zas, o documental ‘A Costa e os Castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte’, dirixido por Alejandro Gándara Porteiro, un proxecto recoñecido con 14.000 euros no III Certame “Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza”.

O acto contou coa participación da deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; do alcalde de Zas, Manuel Muíño; e do propio director do documental, Alejandro Gándara, que interveu durante a presentación da obra.

O documental propón unha viaxe pola Costa da Morte a través do seu patrimonio histórico, con especial atención a elementos como castelos, torres e pazos, ofrecendo unha aproximación ao valor cultural e patrimonial deste territorio.

Tras o pase deste venrs en Zas, mañá sábado será presentado no Espazo Sol de Carballo, ás 20 horas.
