Estás en:A cultura é un dereito XX anos de Escena Galega. Retos do asociacionismo profesional como un dos eixos vertebradores do sector escénico galego

XX anos de Escena Galega. Retos do asociacionismo profesional como un dos eixos vertebradores do sector escénico galego

20 de decembro
Pazo da Cultura de Carballo (salón de actos)
https://goo.gl/maps/Q7AyqHgN1UNSwz8K8
Comisario da xornada: Diego Vázquez Meizoso

A Deputación Provincial da Coruña, por medio da súa área de cultura, desenvolve cada ano no marco de A Cultura é un Dereito unha intensa programación de xornadas profesionais que pretenden abranguer distintos aspectos, focos de interese e temáticas sobre o funcionamento, perspectivas e retos do sector cultural galego. Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) cumpre este 2022 20 anos de traballo ininterrompido en prol do sector escénico profesional, e neste ano tan sinalado a Deputación quere centrar unha destas xornadas na situación do tecido escénico profesional dende o punto de vista do seu asociacionismo como un dos seus eixos vertebradores.

Nesta data sinalada, e no contexto sempre cambiante e cheo de desafíos no que parecemos acostumados e acostumadas a vivir nos últimos anos, queremos reflexionar, debater e compartir por tanto inquedanzas sobre algunhas das cuestións máis importantes para que o sector escénico profesional galego sexa máis sustentable, plural, aberto e relacionado co seu contexto social, económico e cultural.

Como mellorar a circulación escénica profesional no territorio, poñendo o foco nos contextos non urbanos tamén como unha forma de achegar non só a oferta senón a acción cultural ás vilas pequenas e medias, como artellar estratexias entre o sector creativo e o empresarial-produtivo para acadar posibilidades reais de extender as políticas de responsabilidade social das empresas tamén ao noso eido ou como traballar sobre as propostas de acción comarcalizada entre concellos pequenos que poidan reforzar a súa acción cultural de cara á cidadanía son algúns dos temas que tocaremos nesta xornada.

Tamén falaremos das asociacións profesionais, entendendo estes colectivos como parte fundamental non só do desenvolvemento senón tamén do sostemento do sector cultural galego, exemplo de vertebración, debatendo con compañeiras e compañeiros doutros ámbitos dentro das nosas fronteiras, e tamén do resto do Estado, co convite ás nosas entidades parceiras en Madrid, Cataluña e Euskadi.

Os eixos temáticos da xornada son:

  • Necesidade da acción combinada entre administracións para a xeración de proxectos de política cultural: democracia cultural, atención á oferta cultural en contextos rurais, estratexias de estabilidade para o sector creativo e de relación deste co seu contexto (cidadanía).
  • O financiamento privado (mecenado, patrocinio) de proxectos escénicos, posibles estratexias entre o sector creativo e o produtivo.
  • Comarcalización como vía para unha acción escénica más sustentable (residencias de creación, circulación, relación co contexto social...).
  • Retos de mellora na circulación escénica profesional en Galicia, centrada no achegamento da oferta e acción cultural especificamente a contextos non urbanos.
  • O rol do asociacionismo na vertebración do tecido profesional e creativo.
  • Eixo transversal: sostibilidade do sector a medio e longo prazo (económica, sistémica e de relación coa cidadanía).

Formulario de inscrición

(prazo aberto dende as 9:00 h do día 1/12 ata as 23:59 h do día 18/12)

PROGRAMA

09:30 a 09:45 h. INAUGURACIÓN DA XORNADA

  • Xurxo Couto Rodríguez. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

  • Marcos Trigo Facal. Concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Carballo

  • Santiago Cortegoso Calvar. Presidente de Escena Galega

09:45 a 14:30 h. BLOQUE DE MAÑÁ. OS RETOS DOS NOSOS ANOS VINTE: EIXOS DE ACCIÓN PARA O SOSTEMENTO E MELLORA DO SECTOR ESCÉNICO GALEGO.

09:45 a 11:00 h. Mesa de debate 1: A circulación escénica en Galicia. Posibilidades de mellora e artellamento de accións combinadas para contextos non urbanos.

Participan:

  • Deputación da Coruña. Xurxo Couto Rodríguez. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística
  • Deputación de Lugo. Maite Ferreiro Tallón. Vicepresidenta e Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística
  • Deputación de Ourense. Representante da Área de Cultura.
  • Deputación de Pontevedra. . Mª Victoria Alonso Méndez. Deputada de Cultura e Igualdade.

Modera:

  • Eva Alonso. Xunta Directiva de Escena Galega

11:00 a 12:15 h. Mesa de debate 2: O financiamento privado de proxectos escénicos. É posible unha estratexia de colaboración entre o sector creativo e o produtivo?

Participan:

  • Bodegas Martín Códax. Jorge Pallarés Bartolomé. Director de marketing
  • Grupo Vegalsa-Eroski. Gabriela González Márquez. Directora de responsabilidade social.
  • Cafés Candelas. Lucía López Bayo. Responsable de comunicación

Modera:

  • Diego Vázquez Meizoso, xerente de Escena Galega.

12:15 a 12.45 h. PAUSA CAFÉ

12:45 a 13:45 h. Mesa de debate 3: A comarcalización da acción cultural como vía para o achegamento a contextos non urbanos e a democracia cultural. Exemplos e posibilidades.

Participan:

  • Fetal Urones de Castroponce (Tierra de Campos, Valladolid). Álex Rodríguez Ramírez. Actor e xestor cultural independente. Ex-director do FETAL.
  • Territorio_Escena. Francisco Javier Núñez Alonso. Coordinador do Departamento de Produción Teatral da Agadic e director do Centro Dramático Galego.

Modera:

  • Gustavo Del Río. Xunta Directiva de Escena Galega

13:45 a 14:30 h. Rolda de presentación. Escena Galega no presente: accións e proxectos de dinamización sectorial

  • Promoción exterior_Camiño Escena Norte 2022 (4ª edición).Presentan: Diego V. Meizoso (coordinador) e Marta Alonso Tejada (compañía participante no proxecto).
  • Formación e apoio ao desenvolvemento profesional_Acompaña: proxecto de consultoría e acompañamento da acción profesional. Presentan: Luisa Castiñeira (consultora, The Office Comunicación) e Esther Carrodeguas (ButacaZero, compañía participante no proxecto).
  • Igualdade e loita contra as violencias machistas_Protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo nas artes escénicas. Presenta: Patricia de Lorenzo (Vice-presidenta de Escena Galega e impulsora do protocolo) e Fátima Rodríguez (Consultora Promove).

14:30 a 16.00 h. XANTAR COMPARTIDO

16:00 a 18:30 h. BLOQUE DE TARDE. O ASOCIACIONISMO PROFESIONAL COMO CHAVE PARA UN SECTOR VERTEBRADO E ORGANIZADO.

16:00 a 17:15 h. Mesa de debate 1: O rol do asociacionismo na vertebración do sector escénico profesional. Historia, actualidade e retos de futuro.

Participan:

  • Roca Suárez. Presidente de ESCENASTURIAS (Asturias).
  • Susana Lloret. Presidenta de CIATRE (Cataluña).
  • Emilio del Valle. Presidente de ARTEMAD (Madrid).
  • Santiago Cortegoso. Presidente de ESCENA GALEGA (Galicia).

17:15 a 18:30 h. Mesa de debate 2: O sector galego dende o asociacionismo. Cuestións e accións transversais para a dignificación e mellora do noso tecido cultural.

Participan:

  • Belem Brandido. Xunta Directiva de ESCENA GALEGA (artes escénicas).
  • Uxía Caride. Xerente de AGAPI (audiovisual).
  • Patricia Hermida. Presidenta de AGEM (música).
  • Miguel Toval. Tesoureiro de AGE (libro).
  • Carlos Lorenzo. Presidente da AGPXC (xestión cultural)

19:00 h. PECHE DA XORNADA.

Actuación de Quico Cadaval. Por amor á arte ou a vaquiña polo que vale?

Titiriteiros e titiriteiras pola verde Galiza. Unha historia da conspiración platónica para que o teatro galego non fose unha actividade profisional (vaia, que cobre) e a nosa heroica resistência histórica de ir para a casa sen os cartos.

Todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube: Cultura Deputación da Coruña.

Tamén haberá un servizo de interpretación de lingua de signos.

A asistencia é gratuita e o aforo limitado. A inscrición á xornada debe realizarse a través do formulario habilitado para tal fin na páxina web: https://aculturaeundereito.gal/