Estás en:A cultura é un dereito Xornada XI Cultura sustentable, o reto postcovid

Xornada XI Cultura sustentable, o reto postcovid

  • Cebración: 1 decembro 2021
  • Lugar: Centro Social de Boiro
  • Comisariado: Alberto García Sánchez

Antes do virus estábamos instalados no "pensamento único" das industrias culturais que trasladaban unha idea de cultura entendida exclusivamente en termos economicistas (industria, consumo cultural, productos culturais).
Nesta era Covid, que tamén debera ser de reflexión e replantexamento das formas de facer, aparecen institucións como a Deputación da Coruña que nos lembran que a cultura, ademais dun recurso económico lexítimo é un dereito cidadán.

Esta xornada de cultura sustentable, enmarcada na liña "A cultura é un dereito" da área de cultura da Deputación da Coruña insiste na idea de que outra cultura é posible. Unha cultura sustentable economicamente, lóxica e que aplique criterios de distribución baseados na equidade. Unha cultura sustentable socialmente que teña moi en conta o ecosistema cultural, onde a cidadanía, a creación amadora e a participación son aspectos imprescindibles e complementarios á cultura entendida como industria. Unha cultura tamén sustentable ambientalmente, neste intre de emerxencia climática e vital que atravesamos.

En definitiva queremos reflexionar sobre as formas de traballar en cultura a partir de agora, tendo en conta o momento que vivimos, o marco da axenda 2030 e tamén as nosas características e potencialidades propias como sistema cultural, que ademais encaixan á perfección coas diferentes dimensións da cultura sustentable como paradigma de futuro.

Todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube: Cultura Deputación da Coruña.

Tamén contaremos cun servizo de interpretación de lingua de signos.

PROGRAMA

  • 16:00h. Presentación institucional da xornada. As dimensións da cultura sustentable.
  • 16:20h Debate inicial Sustentabilidade ambiental vs. Greenwashing. Participan:

• María Baqueiro, (pacto por unha cultura sustentable en Galicia).
• Joam Evans, (comunidade de montes de Froxán).
• Conduce: Miguel Rial, colectivo Fousas ao Monte

  • 17:10h Presentación de casos. Proxectos sustentables. A cargo de Fran Quiroga (estudo de cultura e sustentabilidade CCG), cos casos presenciais:

• Laboratorio Ecosocial do Barbanza
• Festival Agrocuir

  • 17:45h Descanso café con AldaoLado
  • 18:00h Mesa Redonda Sustentabilidade política. Os valores que traslada a cultura. Participan:

• Rexenerando Cooperativa
• David Rodríguez "O funambulista Coxo"
• Conduce: Charo Lopes (Novas da Galiza)

  • 19:00h Cuarta parte. Sustentabilidade económica. A precariedade no sector da cultura. Conversa entre Sergio Lago, María Yáñez e Alberto de Boiro sobre o "manual de supervivencia na cultura galega".
  • 19:30h Peche con AldaoLado