Estás en:A cultura é un dereito Diagnose e necesidades do Museo Local

Diagnose e necesidades do Museo Local

4, 5 e 6 de novembro
Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Santiago de Compostela
Comisaria da xornada: Araceli Abad Barreiro

O Museo local debe ser un punto de referencia da cultura da súa contorna, pero sabemos que en algúns casos, por diversas razóns, non sucede deste xeito. Para axudar a cumplir esta función, desenvolvemos as Xornadas Diagnose e Necesidades do Museo Local, que buscan dar unha visión práctica, dentro do ámbito local, para as diferentes funcións que o museo debe cumplir. Para logar, ese punto de conexión e dinamismo entre a contorna, a nosa institución, e o publico visitante, buscando reforzar e reflexionar sobre os valores das comunidades onde estan ubicados.

Debido a que o aforo é limitado por mor da situación sanitaria, todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube: Cultura Deputación da Coruña.

  

PROGRAMA:

XOVES 4:

  • MAÑÁ:

9:45 a 10:00 h. Benvida e recepción das autoridades. Presentación a cargo de Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña e de Araceli Abad Barreiro, comisaria das xornadas, vogal do Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia e presidenta da súa Sección de Museoloxía.
10:00 a 11:00 h. Os museos locais non son locais para museos: continente, contido e contención. Luís Grau Lobo, director do Museo de León.
11:00 a 12:00 h. Documentación. A engranaxe central do mecanismo dun museo. Esperanza Gigirei Liste, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Roberto Aneiros García, conservador do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
12:00 a 12:30 h. PAUSA
12:30 a 13:30 h. Concepto e xénese da exposición temporal. Da investigación á difusión. Andrés Gutiérrez Usillos, conservador do Museo de América.
13:30 h. MESA DEBATE / PREGUNTAS

  • TARDE:

16:00 a 17:00 h. Creación de textos no Museo para todas as persoas. Isabel Fernández Domínguez consultora e formadora senior experta en proxectos de comunicación patrimonial.
17:00 a 18:00 h. A función Social da Rede Museística Provincial de Lugo. Encarna Lago González, xerente da rede museística provincial de Lugo.
18:30 h. MESA DEBATE / PREGUNTAS

VENRES 5:

  • MAÑÁ:

10:00 a 11:00 h. O desenvolvemento da Lei de museos de Galicia e o seu impacto nos museos locais. María del Carmen Calviño Rodríguez, Subdirectora Xeral de Arquivos e Museos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 
11:00 a 12:00 h. Rede de Museos Locais da Deputación de Barcelona. A importancia da cooperación ante os desafíos da sociedade contemporánea. Laura Costa Mateo, Xefa da Unidade da Rede de Museos Locais da Deputación de Barcelona.
12:00 a 12:30 h. PAUSA
12:30 a 13:30 h. «Pantallas lejanas». Improvisación e estratexia do museo dixital. Tania Fábrega García, conservadora do Museo Nacional de Escultura.
13:30 h. MESA DEBATE / PREGUNTAS

  • TARDE:

16:00 a 17:00 h. Problemas e oportunidades para a investigación no eido da historia local: arredor do Museo Marea do Porto do Son. José Manuel Vázquez Lijó, profesor asociado da UDC e responsable do Museo Marea de Porto do Son.
17:00 a 18:00 h. O Plan de conservación preventiva: unha ferramenta para protexer o patrimonio. María José Ruíz Vázquez, restauradora do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
18:30 h. MESA DEBATE / PREGUNTAS

SÁBADO 6:

  • MAÑÁ:

10:00 a 10:45 h. Da poética á política. O ser ou non ser dun museo local. Carolina Casal Chico, museóloga.
10:45 a 11:30 h. A reformulación dun proxecto museolóxico local: O Museo dos Oleiros. Ana Justo Rajó, técnica do Museo dos Oleiros-José María Kaydeda do concello de Oleiros.
11:30 a 12:15 h. Do caos á especialización: o exemplo das boas prácticas do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal). Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
12:15 a 12:45 h. PAUSA
12:45 a 13:15 h. Liñas de apoio aos museos. Participan:
• Representante da Sección de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
• Carolina Casal Chico, museóloga.
• Cristina Trigo Martínez, docente da Área de didáctica da expresión plástica da Facultade de Ciencias da Educación.
• Xosé Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Eugenio Granell.

13:30 h. MESA DEBATE / PREGUNTAS
14:00 h. Peche das xornadas.